Outubro 1920 / Nadal 1935
Nós. Boletín mensual cultura galega
![]() |
| Revista Nós nº 1 |
Tratábase, xa que logo, de complementar desde o eido da cultura o labor desenvolto por A Nosa Terra, voceiro ao servizo dos ideais políticos das Irmandades da Fala.
Castelao propuxo o nome da nova revista (Nós), declarando desde a cabeceira o carácter coral do proxecto.
Risco asumiu a dirección literaria e Castelao a artística. Arturo Noguerol foi o primeiro xerente, encargado de recadar os recursos para financiar o proxecto, para o cal constituíron unha sociedade entre os simpatizantes das Irmandades.
O consello editorial formárono algúns dos mozos que xa viñan demostrando o seu compromiso coa cultura galega en A Nosa Terra:
![]() |
| Revista Nós nº 4 |
Direitor: Vicente Risco.
Xerente: Arturo Noguerol.
Redautor-Xefe: Xavier Prado (Lameiro).
Segredario da redaución: Xulio Gallego.
Redautores: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas, Leuter González Salgado.
![]() |
| Boletín de suscrición á Revista Nós asinado por Ánxel Casal |
![]() |
| Revista Nós nº 52 |
Ánxel Casal, que dirixía daquela na Coruña, con Leandro Carré, a Editorial “Lar”, propiciou a fórmula tan agardada. Ofreceuse, pola súa conta, para imprimir de novo, e administrar, a prestixiosa revista. O grande animador de tantos esforzos editoriais, puxo a proba unha vez máis a súa capacidade de servicio á cultura galega. E así, o 25 de xulio de 1925, reanudouse a vida de “Nós” coa saída do prelo do número 19. (1)
A Nosa Terra dá conta do feliz evento.
Os editores de “Lar”, a xenerosa e patriótica empresa, van seguir pubricando “Nós” efectuando con elo unha obra que por si sola encómiase. A ledicia que nós sentimos pol-a reaparición de “Nós” supoñemos sentirana tamén cantos procúpanse da cultura galega da que a notabre revista é formidabre baluarte e xurdío propulsor. (3)
![]() |
| Revista Nós nº 52 |
Agora a publicación contaba, ademáis, co labor que lle emprestaban os membros do “Seminario de Estudos Galegos”, coa colaboración de Otero Pedrayo en chea de actividade, e coa contribución dos escritores das promocións máis recentes. (4)
Por algunha cartas cruzadas entre o empresario de ideoloxía galeguista Enrique Peinador e Vicente Risco, sabemos que Casal xestionaba directamente cos anunciantes as achegas e reclamos publicitarios nesta nova etapa.
![]() |
| Suplemento da revista Nós nº 7 |
Un medio para tratar de captar público e impulsar o hábito lector con tiradas de 5.000 exemplares. (4)
Posteriormente, ao se trasladar Casal a Santiago para se establecer alí coa editora do mesmo nome, continuou mantendo a periódica publicación. Apareceran xa oitenta e sete números desque se fundara. E a partir do 88 fóronse confeccionando os seguintes; de primeiras no obradoiro da rua das Hortas, e despois na da Rua do Vilar. A derradeira entrega normalmente repartida aos suscritores, refundía os números 137-138. Levaba a data de maio-xunio do 1935, inda que saíu do prelo a comezos do ano 36. Noustante, estaba xa impresa tamén outra entrega, que abranguía os números 139-144, correspondente aos meses de xulio-nadal. Esta entrega non chegou a se distribuir, por mor dos tráxicos acontecementos orixinados pola guerra civil. Foron queimados daquela, ou destruídos, os fondos todos da Editora. Entre eles figuraba a revista recén impresa, da que se salvaron por un casual dous exemplares, aínda sen encadernar. (6)
![]() |
| Revista Nós nº 145 |
O 30 de outubro de 1970 a Academia Galega publicou un novo número de Nós (Nós nº 145) en lembranza do cincuenta aniversario da revista. Neste exemplar, algúns dos intelectuais que nos anos 20 e 30 colaboraron con ela recordan aquel tempo, como tamén os novos escritores expresan a saudade que lles produce o recordo da revista. A publicación complétase cun índice, desglosado por números e tamén por autores.
![]() |
| Diferentes imaxes da Revista Nós ao longo do tempo |
(1) Ánxel Casal e o libro galego. Fernández del Riego, Francisco. Ediciós do Castro. Documentos para a historia contemporánea de Galicia. 1983. P. 42
(2) Martes d’Antroido. Herrera Garrido, Francisca. Lar, revista quincenal nº 6. A Cruña, 9 de maio de 1925. Como Casal e Carré non dispuñan aínda da maquinaria de imprenta, os cinco primeiros números de Lar imprimíronse no obradoiro de Moret.
(3) A Nosa Terra. Nº 214, 1 de xullo de 1925. Citado a partir de Ánxel Casal (1895-1936) Textos e documentos. Dobarro Paz, Xosé Mª e Vázquez Souza, Ernesto. Ediciós do Castro. 2003. P. 50.
(4) Ibidem, nota (1). Entre os novos escritores e artistas, del Riego cita a: Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Iglesia Alvariño, Luís Manteiga, Ramos Colemán, Xaquín Lorenzo, Luís Seoane e Carlos Maside. “Todos eles, os de antes e os de agora, constituiron un importante núcleo de apoio ao labor de redacción, e tamén de apoio moral ao impresor. Ánxel Casal, que batía con fortes angurias económicas para poder editar os números que saían do seu modesto obradoiro tipográfico, atopou nos mozos que o arrodeaban, cando menos estímulo para persistir na sua xenerosa tarea”.
(5) Ánxel Casal. Un percorrido biográfico. Alfonso Mato. A Galiza de Ánxel Casal. Murguía, revista galega de historia. Nº 7/8, maio-decembro de 2005. P. 74.
(6) Ver nota 1. Pp 43 e 44.








Ola Xabier. Son Marcos, de Pontevedra. Unha pregunta. Onde podo consultar a información relativa a ese derradeiro número 149-144 da revista Nós? Un saúdo.
ResponderEliminarOla Marcos. No ano 2021, Nós Diario publicou un exemplar facsímile do número 139-144 da revista Nós á venda co diario. Este é o que teño eu. Tamén podes atopalo na edición facsímile completa editada en oito volumes por Xuntanza no ano 1991. Supoño que haberá algún exemplar desta edición nas bibliotecas. A maiores, estes volumes son bastante comúns nos portais de segunda man
ResponderEliminarOla Xabier. Grazas polos teus comentarios. Supoño que atopar o número 139-44 orixinal será algo practicamente imposible a dia de hoxe. Xa son difíciles de atopar os números anteriores, este xa son palabras maiores. Tamén me sorprende ese número 145 actual do cal non tiña coñecemento.
ResponderEliminarUn saúdo. Marcos
Difícil non; imposible. Contan que despois da desfeita de xullo do 36 e o asalto á editorial Nós, Xesús Carro pasou polo local da rúa do Vilar e salvou da desaparición as planchas orixinais do Códice Calixtino, que Casal editaba por conta do SEG, e dous exemplares do último número da revista Nós, xa imprentado. O certo é que actualmente cóñecese o paradoiro dun único exemplar, que serviu de base para editar as copias. O propietario é Xosé Lois Carrión, neto do concelleiro nacionalista Leuter González
ResponderEliminarEntón parece que só hai constancia dun so exemplar salvado da queima. Daquela intentar atopar este derradeiro número é algo imposible, fóra do alcance de calquer coleccionista particular.
ResponderEliminar