sábado, 7 de março de 2015

COTOS Y JURISDICCIONES DE GALICIA. VILLAR DE FERREIROS



COTOS Y JURISDICCIONES DE GALICIA. VILLAR DE FERREIROS / Antonio Taboada Roca
1929
Nós, Publicacións Galegas e Imprenta – Real, 36 – 1º. A Cruña
24 p texto + 1 lámina; 24,5 cm.

A publicación Cotos y Jurisdicciones de Galicia. Villar de Ferreiros. El pazo. Sus poseedores. Inventarios de la casa en el siglo XVII, separata exenta do segundo volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, foi escrita polo historiador Antonio Taboada Roca e publicada por Nós en 1929.

Taboada Roca presentou tres traballos sobre os coutos galegos que foron incluídos como separatas nos Arquivos do SEG. O primeiro deles apareceu no primeiro volume dos Arquivos e foi editado por LAR en 1927 baixo o título Cotos y Jurisdicciones de Galicia (2). En 1929 ampliaría esta serie cos traballos sobre o pazo de Santa Mariña do castro de Amarante (3) e tamén sobre o pazo de Vilar de Ferreiros, os dous incluídos no segundo volume dos Arquivos do SEG.

Separatas dos Coutos galegos escritas por Taboada

O autor Foi un dos promotores da obra interdisciplinaria Terra de Melide (4), especializándose ademais en heráldica e na pescuda histórica nobiliaria.

A separata sobre o pazo de Vilar de Ferreiros completa o primeiro traballo aparecido en 1927 e incluído no volume I dos Arquivos, onde Taboada abordaba as orixes desta mesma casa desde unha perspectiva histórica, para inventariar agora os bens incluídos no pazo durante o século XVII. Os dous traballos sobre a casa que o autor identifica como a dos seus maiores, están escritos en castelán.

Sinopse da obra

Iniciada en el volumen anterior de estos «Arquivos» una monografía sobre El Pazo de «Villar de Ferreiros y sus poseedores», la terminamos en el presente, dando a conocer los ricos inventarios de la época en que más explendor alcanzó la casa y refiriendo algunos aspectos de la vida de sus dueños.

De seguida o autor describe polo miúdo ao longo de trece páxinas o contido das habitacións de unha a unha, seguindo a relación efectuada pola xustiza de Abeancos diante do escribán e familiar da Inquisición Domingo Varela de Barrio, logo da morte de Don Francisco Pimentel de Soutomaior.

(...) Una cama de Madera de nogal Torneada Con Colgadura de sempiterna azul guarnecida con galoncillo de seda berde E ylo Blanco (...) Una Lámina bordada En las fronteras de dch Cama Cuya bordadura hes de ylo de oro Con hespejuelos Con una ymaxen de nuestra Señora Con su precioso hixo Y otras Quatro Imaxenes de Santos; Y en dha. Cama Vn jergón de hestopa; Vn colchón de lana Usado dos almoadas delgadas llenas de lana – Vna savana de hestopilla de Dos lienzos – tres mantas de lana de Castilla Blancas las dos Casi nuevas (...)

O texto tamén alude a varias cartas e documentos de partillas escritas nos séculos XVII e XVIII por descendentes das célebres familias dos Pimentel e os Soutomaior e que tratan cuestións relacionadas coa facenda da casa.

Por último, o traballo remata co agradecemento de Taboada.

Lector, si quieres evocar unos momentos la vida señorial medioeval; visita este bello pazo. Allí la sentirás con toda intensidad. Sus poseedores han perdido parte de esta gran hacienda y prerrogativas; pero con el nobilísimo solar, conservan el porte y distinción de la gente bien nacida. Son el prototipo de nuestros caballerosos hidalgos. Complaciéndome en reiterarles desde aquí, la consideración y afecto por sus amabilidades y atenciones, durante mi estancia en tan poética residencia.

(1)   Fonte da imaxe de Antonio Taboada Roca: farmacialopezrio.com
(2)   Cotos y Jurisdicciones de Galicia. Taboada Roca, Antonio. Imprenta Lar. Franja, 34. A Coruña. 1927. Obra comentada neste lugar en abril de 2013.
(3)   Cotos e xurisdicións de Galicia – Pazo de Santa Mariña do Castro de Amarante. Taboada Roca, Antón. Nós, Publicacións Galegas e Imprenta. Real, 36. A Coruña. 1929. Obra comentada neste lugar en agosto de 2013.
(4)   Terra de Melide. Varios autores. Seminario de Estudos Galegos. Editorial Nós. Compostela. Xuño de 1933. Obra comentada neste lugar en maio de 2014.


Sem comentários:

Enviar um comentário