domingo, 7 de abril de 2013

COLECCIÓN DE TAPICES DE LA CATEDRAL DE SANTIAGO



COLECCIÓN DE TAPICES Y COLGADURAS ANTIGUAS DE LA CATEDRAL DE SANTIAGO / Portela Pazos de Probén, Salustiano
1927
Imprenta Lar, Franja, 34 – La Coruña
8 p texto. 4 p láminas; 24 cm.

A separata exenta dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos: Colección de tapices y colgaduras antiguas de la Catedral de Santiago, obra de Salustiano Portela Pazos e tamén incluída no primeiro volume dos Arquivos, foi publicada por Lar en 1927.

Tanto o primeiro volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos como as separatas dos traballos que o integran, foron impresas por Leandro Carré en solitario no obradoiro da rúa da Franxa, logo da separación de Ánxel Casal.

O contrato de publicación asinado entre Salvador Cabeza de León, director do S. E. G., e Leandro Carré en marzo de 1927 (2) fai referencia á edición de cincocentos exemplares dos Arquivos, pero non alude á edición dos contidos como documentos exentos. Xa que logo, e tendo en conta que moitas destas separatas – en especial as editadas por Lar –, están asinadas e dedicadas polos propios autores, non resulta aventurado concluír que non estaban destinadas á venda e foron impresas para que estes atendesen os seus compromisos.

A separata dos tapices da Catedral que acompaña o texto leva inscrita a seguinte dedicatoria:

A mi muy querido y admirado amigo el cultísimo arqueólogo Angel del Castillo, con todo afecto.

El Autor

Portela Pazos, cóengo e deán da catedral de Santiago, foi membro da Academia Galega pola súa condición de historiador, e en particular polos traballos sobre a Guerra de Independencia en Galiza.

Na obra sobre os tapices da catedral, Portela describe os panos flamencos datados entre os séculos XVI e XVII, e os tapices españois tecidos principalmente na Real fábrica de Santa Bárbara no século XVIII.

Mención especial merecen os doce tapices de Goya: “seis de regular tamaño, cuatro sobrepuertas y dos tiras”. (3)

Os cartóns destes tapices foron pintados entre 1777 e 1779 para o comedor e o dormitorio dos Príncipes de Asturias no pazo do Pardo.

Por los cartones de Goya tejió la Real Fábrica de Santa Bárbara uno, dos y hasta tres ejemplares, de cada cual, en diversos años, desde 1776 hasta 1808 en que vióse en la precisión de suspender sus trabajos debido a la invasión de los franceses.

As pinturas pertencen á primeira etapa de Goya e a pesar de los defectos de corrección en el dibujo a veces, de la falta de proporción en algunas figuras”, nos cadros destaca a personalidade característica da obra do artista.

O autor relaciona as pinturas coa correspondencia do pintor, quen manifesta a satisfacción que algúns deles lle produciron ao rei, abríndolle a Goya as portas do pazo.

Todos los tapices de Goya que se guardan en Santiago están tejidos con lana, los tonos oscuros, y con fina estofa de seda, los claros. Consérvanse en muy buen estado, en marcos de madera, si bien a dos sobrepuertas fáltanle las cenefas de la parte superior, y a otras dos, la de abajo.

Portela analiza os detalles das pezas e os datos coñecidos sobre a súa confección. Por último, indica a procedencia dos tapices.

Réstame únicamente decir que todos estos tapices de Goya vinieron a Santiago por donación testamentaria del Excmo. Sr. D. Pedro Acuña, Canónigo Dignidad de Maestrescuela de esta Catedral. Prior de Sar, Secretario de Estado y del Despacho General de Gracia y Justicia en el reinado de Carlos IV, y que falleció en Madrid en 1814.

(1)  Fonte da imaxe de Salustiano Portela Pazos: Real Academia Galega
(2) Ánxel Casal (1895-1936). Textos e Documentos. Dobarro Paz e Vázquez Souza. Ediciós do Castro, 2003. Apéndice gráfico. A fouce, o hórreo e o prelo. Ernesto Vázquez: “Por xentileza de Alfonso Mato posuímos copia do contrato de impresión, en galego, dos Arquivos I, asinado a 20 de marzo de 1927”.
(3) Sobre esta mesma colección de tapices existe outro folleto escrito por López Campos en 1935. Tapices goyescos de la catedral compostelana. A. López-Campos. Tipografía de El eco franciscano. Santiago, 1935.


Ningún comentario:

Publicar un comentario