sábado, 12 de outubro de 2013

ARQUIVOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS III


 
ARQUIVOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS III / Varios autores
1929
Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta. A Cruña
338 p ; 24 cm.

O terceiro volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos ten data de publicación de 1929. Non obstante, sabemos pola correspondencia cruzada entre Ánxel Casal e Salvador Cabeza de León, presidente do Seminario, que saíu do prelo en 1930.

Xa lle decia a Martinez que activasen o envío dos orixinales dos «Arquivos III» pra podelos dar antes de fin de ano, pois levan data 1929 e non fai ben que sallan no 30. (1)

Nunha carta dirixida ao mesmo Cabeza de León en marzo de 1929 con motivo da publicación do segundo volume dos Arquivos, Casal manifesta que o libro semella ser unha “cousa allea pol-o idioma ¿Cando han ir todos na nosa lingoa?”. Neste terceiro volume que escolma a actividade anual do Seminario, catro dos doce traballos están escritos en castelán (correspóndese cos estudos de investigación científica), un deles en portugués (etnografía) e sete en galego (traballos etnográficos, históricos e lingüísticos).

Entre todos eles destaca, tanto pola extensión como pola calidade, a primeira serie das Cántigas populares da Arousa, de Fermín Bouza Brey, tamén publicada pola editorial Nós como separata exenta dos Arquivos en 1931. O autor recolle un feixe de cantigas que el mesmo define como “Un mangado de rosas novas apañadas nas craras mañáns da nosa lírica popular pol-as sebes da ribeira galega”, defendendo a necesidade de recadar a poesía social e popular de cada unha das localidades para así chegar a coñecer a alma de Galiza.

Cómpre tamén destacar o traballo de Xosé Filgueira Valverde encol das festas barrocas de San Pío V en Santiago no ano 1713, editadas como libro exento por Nós en 1931, e que recolle unha das festas compostelás do século XVIII, “pero non con ánimo de evocación pintoresca senón pra encher unha cédula na hestoria do barroco das nosas arquitecturas e das nosas letras, afondando no mesmo estilo da vida barroca, entusiasmo e movimento a toda costa”.

E tamén resultan notables as descricións de Xosé Ramón Fernández-Oxea sobre as igrexas de Santa María a Real de Cesuris, San Miguel de Vidueira e San Salvador de Sobrado de Trives. Serve como exemplo da excelente prosa de Ben-Cho-Shey o seguinte fragmento sobre a primeira delas:

É templo de vella historia que soupo vestir a moda de todos os tempos, e hoxe, que xa lle pasaron os días groriosos, ainda campa locindo entre o barroquismo do seu derradeiro traxe, as pequenas lembranzas románicas e oxivais que garda como executoria da sua nobreza.





Orde dos traballos

El Observatorio Astronómico de Lalín y sus coordenadas geográficas
Ramón María Aller
Pp. 7-26 (+3 páx. adicionais con fotografías)

D. José Rodríguez González (O matemático de Bermés)
Ramón María Aller
Pp. 27-95

Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia. Análisis de las wolframitas de La Brea, Corpiño y Carboeiro (Lalín) Pontevedra
Isidro Parga Pondal
J. Vázquez Garriga
Pp. 99-103


O culto da Alfádiga e dos cravos. No amor en na crença (Esboço etnográfico)
Alberto V. Braga
Pp. 107-136

Impresiones de la excursión científica a la sierra de los Ancares, Invernadero y Queija, en el mes de julio de 1927
Luis Iglesias e Iglesias
(Direitor da seición de Cencias)
Pp. 139-150



Cántigas populares da Arousa (Primeira serie)
Fermín Bouza Brey
Pp. 153-204





A cerámica de Niñodáguia
Xosé Fernández
A. Dacal
Pp. 207-215 (+3 páx. adicionais con fotografías)

As eirexas de Cesuris e Vidueira
Xosé Ramón e Fernández Oxea
Pp. 219-250 (+5 páx. adicionais con debuxos e fotografías)

A eirexa de San Salvador de Sobrado de Trives
Xosé Ramón e Fernández Oxea
Pp. 253-265 (+5 páx. adicionais con debuxos e fotografías)

Contribuzón ao estudo da historia de Galiza, sobre os “Capitula Martini”
Pauliños Pedret Casado
Pp. 269-289




As festas de San Pío V en Santiago no ano 1713
Xosé Filgueira Valverde
(Conselleiro do Seminario)
Pp. 293-329




Unhas notas inéditas de Oviedo Arce. Verbas pra compretar o diccionario de Valladares
Álvaro de las Casas
Pp. 333-338




O primeiro volume dos Arquivos complétase coa listaxe dos membros da Comisión Direitora do Seminario no curso 1930-1931. Tamén inclúe a relación das entidades protectoras e dos socios da institución.

(1)     Carta dirixida por Ánxel Casal a Cabeza de León o 10 de outono de 1929. Ánxel Casal (1895-1936). Textos e Documentos. Dobarro Paz e Vázquez Souza. Ediciós do Castro, 2003. P. 231
(2)     Fonte da imaxe de Ramón María Aller Ulloa: www.galiciadigital.com
(3)     Fonte da imaxe de Isidro Parga Pondal: www.concellodelaxe.com
(4)     Fonte da imaxe de Fermín Bouza Brey: www.carloscallon.com
(5)     Fonte da imaxe de Luís Iglesias Iglesias: www.culturagalega.org
(6)     Fonte da imaxe de Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey): www.foroporlamemoria.info
(7)  Fonte da imaxe de Pauliños Pedret Casado: www.realacademiagalega.org
(8)  Fonte da imaxe de Xosé Filgueira Valverde: filgueiravalverde.blogspot.com.es
(9)  Fonte da imaxe de Álvaro das Casas: http://bvg.udc.es


Ningún comentario:

Publicar un comentario