sábado, 8 de março de 2014

LA EMIGRACIÓN GALLEGA A AMÉRICA



LA EMIGRACIÓN GALLEGA A AMÉRICA / Cuesta, Luisa
1932
Nós, rúa das Hortas, 20. Santiago.
77 p ; 25 cm.

A separata La emigración gallega a América, traballo escrito en castelán por Luísa Cuesta Gutiérrez e tamén recollido no cuarto volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, foi editado por Nós en 1932 no obradoiro da rúa das Hortas.

Cuesta foi unha mestra natural de Medina de Rioseco (Valladolid) que durante os anos vinte estivo destinada na biblioteca da USC, onde tamén impartiu clases na facultade de Filosofía e Letras. Ao longo dese tempo mantivo contacto cos membros do SEG. En 1930 deixou Compostela e trasladouse a Madrid para traballar na Biblioteca Nacional, da cal sería nomeada directora polas autoridades da República Española en 1937. Posteriormente padeceu as represalias dos golpistas e non volvería ser admitida na BN até 1945. (2)

Durante os anos que pasou en Compostela pescudou nos fondos da Biblioteca América da USC para elaborar estas notas sobre os procesos migratorios dos galegos. Na introdución do traballo establece unha breve síntese cronolóxica da emigración:

En el siglo XVI, es ésta, pequeña, esporádica, sin organización alguna (…) En el siglo XVII, ya no son los gallegos que cruzan el Atlántico pobres emigrantes, anónimos casi siempre, sino que se trata de una cruzada espiritual de la civilización; se pide a las Universidades gentes notables en Ciencias y Santidad, para enviarlas en peregrinación de cultura a regir los Obispados y las Audiencias de Indias (…) Con el siglo XVIII, la emigración se hace con el carácter de población de territorios, es un trasplante del hogar gallego en masa – no solo el varón – a tierras americanas, organizada de manera oficial por el Estado (…) La emigración, a partir del siglo XIX, entra en la corriente general de la Historia de este fenómeno social; más abundante de Galicia a Cuba y las regiones del Río de la Plata.

EL MOVIMIENTO EMIGRATORIO GALLEGO DEL SIGLO XVI

A autora analiza a emigración do século XVI desde a discutible perspectiva da acción redentora e civilizadora emprendida polos conquistadores co obxecto de incorporar os indíxenas á civilización europea.

O primeiro tránsito documentado de orixe galega con destino ao río da Prata parte da Coruña o 15 de agosto de 1526 baixo o financiamento de Fernando de Andrade, impulsor da Casa de Contratación da Coruña. En diante sucédense as viaxes comerciais.

El 25 de febrero de 1530 se concede por Real cédula que se puedan cargar para las Indias, no sólo del puerto de Sevilla, sino en Coruña y Bayona, en el reino de Galicia, y otros varios en diversas regiones; sin embargo, en el viaje de vuelta, habrían de diririgirse directamente a Sevilla y presentarse a los oficiales de la Contratación de su Casa.

En xeral, durante o século XVI teñen lugar migracións dispersas asociadas a empresas de descuberta e conquista. A autora relaciona como exemplo a presenza de galegos nas expedicións de Perú e Chile.

LA CRUZADA CULTURAL DEL SIGLO XVII

Se ben no século XVI unicamente emigran a América persoas capaces de desenvolver traballos manuais, no XVII promóvese a emigración dos intelectuais.

Así, en el claustro de la Universidad de Santiago de 23 de febrero de 1604, se da cuenta de la llegada de una carta del Conde de Lemos, fechada en Valladolid en 12 de enero del mismo año, que escribe para que “le ynbien memoria de las personas que en esa unibersydad an dado muestra de birtudes y letras, para que la elección de las Audiencias de las Indias sea acertada”.

A relación epistolar e as fundacións instituídas nos colexios composteláns polos estudantes expatriados, poñen de manifesto os vínculos permanentes entre os novos xestores da administración americana e a universidade galega.

LA COLONIZACIÓN GALLEGA EN EL SIGLO XVIII

Durante o século XVIII os galegos colonizaron extensos territorios americanos.

Al suscitarse la necesidad de colonizar el recién conquistado puerto de Montevideo, el gobierno mando cincuenta familias de España para lograrlo, de las cuales veinticinco se llevaría de Galicia y otras veinticinco de las Islas Canarias, las dos regiones de más intensa población de la Península.

Ao cabo, a desesperante burocracia española empeceu este primeiro asentamento galego e a colonización completouse con familias canarias. Non obstante, ao longo do século producíronse importantes migracións co obxecto de poboar extensos territorios desde a Patagonia deica o Uruguai.

La moralidad y buena salud de las familias que han de constituir el grupo emigratorio es algo interesante para el comisionado para quien en las nuevas poblaciones debe brillar la más acrisolada moralidad.

O soño americano había tornar en pesadelo para moitas destas familias desembarcadas en lugares miserables, das que habían desentenderse os gobernadores e que procuraron outros asentamentos na rexión do Prata con mellores condicións de vida.

LA EMIGRACIÓN GALLEGA DESDE EL SIGLO XIX

A emigración minguou durante un curto período de tempo logo da emancipación das colonias, reactivándose decontado con máis forza ca antes. Os galegos foron o colectivo máis numeroso entre os emigrantes.

La evolución histórica de la emigración durante siglo XIX presenta dos fases distintas: antes de la reglamentación hecha por los estados y, posteriormente a este período, ya con legislación abundante a ella destinada.

A Constitución de Cádiz derrogou a confiscacións dos bens de quen emigraba. Posteriormente promulgáronse leis para protexer os emigrantes e regular as condicións dos transportes, por moito que seguisen a ser explotados polos axentes de recrutamento.

Durante este período a emigración ten como destino principal os países do Prata e Cuba.

O traballo complétase coa achega de cartas e memoriais históricos que amplían a información.

(1)    Imaxe de Luísa Cuesta: culturagalega.org
(2)    Luísa Cuesta Gutiérrez. A última directora republicana da Biblioteca Nacional. Lourdes Pérez González. Culturagalega.org. Álbum de mulleres.


Sem comentários:

Enviar um comentário