sábado, 8 de novembro de 2014

EL ALBA DEL QUECHEMARIN



EL ALBA DEL QUECHEMARIN / Francisco de Fientosa
25 de decembro de 1935
Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta. Rúa do Vilar, 15. Santiago de Compostela
86 p ; 18 cm.

O libro de poemas El alba del quechemarín do escritor Francisco de Fientosa, pseudónimo do poeta Francisco Vega Ceide, foi impreso pola editorial Nós na rúa do Vilar de Compostela en decembro de 1935.
O volume está ilustrado con pequenos debuxos de Xaime Prada, Sesto, Trujeda e Juan Ismael.
O poeta e mestre Francisco Vega naceu en Castro de Rei en 1912 e morreu asasinado en novembro de 1936 en Madrid, onde estudaba filosofía na Universidade Central. O pseudónimo Francisco de Fientosa tomouno do barrio onde naceu. (2)
O poeta chairego escribía en español pero tamén nos deixou poemas e escritos en galego. A súa obra consta de tres libros publicados en vida: Lendas, libro de poemas en galego que saíu da imprenta en 1931 cando solo contaba con 19 anos e que hoxe está desaparecido, Triángulo isósceles, libro de poemas publicado en Madrid en 1934 e El alba del quechemarín, obra de poemas publicado en Santiago en 1935. Á súa morte deixou rematados outros dous volumes: un de poemas titulado Trébol de cuatro hojas e outro de prosa que leva por título Gente cordial. (3)
Aquilino Iglesia Alvariño comenta o libro Triángulo isósceles no número 133 da revista Nós de xaneiro de 1935, e as súas opinións poden estenderse a estes novos poemas.
(...) Isto é Francisco de Fientosa. Un poeta auténtico, pol-a limpeza da vóz, pol-a gracia das mans e a lédicia dos ollos. Un poeta que leva drento da sua i-alma a Galicia do outo rio Miño, galán e moceiro, inda que se lle sobrepoñan visións de mariñas en terra, estilo Alberti, e camiños de lúas bandoleiras de Lorca, e veña eisprimida isa eséncia étnica, pol-a educación do autor fóra da nósa Terra, no castelán precioso e axustado da Residencia de Estudiantes (...) En novos poemas que prepara, xa vai camiñando do seu reencontro, no que o esperamos, folgadamente esperanzados pol-a grata leitura de Triángulo isósceles.
Os versos d’El alba del quechemarín seguen o ronsel de Manuel Antonio por elixir o mar como un dos elementos recorrentes e tamén están inspirados por García Lorca, de quen o autor imita a escolla lingüística.
Alba del quechemarín,
la de los mares de seda;
taza de leche, redonda,
con pan migado de estrellas.
Do andaluz toma o uso poético das cancións populares, como no caso do poema Muiñeira.
¿cómo es aquella
canción amiga,
son de espadela
voz de cantiga?
Peneirei, peneirei,
con un cribo;
fixen un pan de relón

com’a trigo...
E de novo atopámolo nas imaxes poéticas.
Tirad el trasmallo al agua,
ese trasmallo de lino,
que hay peces – ríos de luna –
en la guitarra del río.
E aínda.
La vaca por testuz lleva un árbol florido,
y el podón en la finca finge un cuarto de luna;
el río va rimando su color aceituna
de verde anguila con un gajo suspendido.
Caricatura de Francisco Vega incluída no libro
Algúns destes versos vangardistas beben do hilozoísmo de Amado Carballo.
El abedul y el aliso
con un estruendo de copas
bajan a beber al río.
Traen peinadas las hojas
y las cinturas anfibias
acostadas en la sombra.
El abedul y el aliso
sobre la yerba y el alba
oyen trillar a los grillos.
Y al venir de romería
dejan caer en el agua
dos siluetas distendidas.
El abedul y el aliso
con sus cinturas anfibias
se están besando en el río.
E nos poemas abondan os versos cargados de sensualidade, transmitindo imaxes voluptuosas.
Mientras tenga un romance
y una canción,
no casaré contigo, pastor. (...)
Más llegará un día
– mi, fa, re, sol –
en que tendrás mi cuerpo,
pastor;
y mis senos tendrás,
zagal;
y mi vientre de amor,
garzón...
Pastor, zagal, garzón
nunca te olvidaré,
                        no.
Malia escribir en castelán, o autor alterna a miúdo o galego de xeito natural.
Arde o eixo, Carballeira!...
El grito rasga la noche
como un pañuelo de seda.
De lana y de terciopelo...
¡Ay las mozas de Luaces,
as do paniño marelo!
Son versos sinxelos que cantan a vida do campo e celebran a natureza.
El canto del eje sueña
por la calzada adelante
con la niñez de la leña.
Se queres qu’o carro cante...
Versos de mocidade fermosos e despreocupados.
Mi barco es como un hórreo
cargado de cosechas.
Como espigas maduras
le cuelgan las estrellas.
Mar marinero,
mar de Marín...
Mi barco es un gran hórreo
con ristras de maíz.
(1)    Fonte da imaxe de Francisco Vega Ceide: elprogreso.galiciae.com
(2)    “Estando en Madrid no 36 sorpréndeo o golpe militar de Franco, e, tralo seu asasinato, hai un certo misterio. O réxime franquista fai un aproveitamento da súa morte, atribuíndo o seu asasinato «ás hordas marxistas», cando en realidade sábese que foi unha vinganza de compañeiros de estudos, que aproveitando as revoltas acaban coa súa vida. Espertaba moitas envexas. Nos estudos da xeración do 36 é un dos máis brillantes e foi un autor que estivo estreitamente relacionado cos movementos vangardistas, aperturistas... A asociación política da súa morte é unha manipulación”. Ricardo Polín. El Progreso. 26 de xuño de 2012 / La Voz de Galicia. 22 de abril de 2004.
(3)    No centenario do mártir das letras chairegas. Raúl Río Díaz. Terraetempo.com. http://www.terraetempo.com/print.php?artigo=2780


Sem comentários:

Enviar um comentário