BIBLIOGRAFÍA DA PREHISTORIA
GALEGA / López Cuevillas, Florentino e Bouza Brey, Fermín
25 de outono 1927
NÓS Pubricazóns Galegas e Imprenta – Real 36-1º A Cruña.
25 de outono 1927
NÓS Pubricazóns Galegas e Imprenta – Real 36-1º A Cruña.
18 p ; 28 cm.
A separata exenta Bibliografía da
Prehistoria galega compilada por Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza-Brey Trillo, foi editada por Nós en outubro de 1927.
Este foi o primeiro libro impreso por Ánxel
Casal na editorial Nós logo da
separación de Leandro Carré,
director e propietario de Lar.
Os autores presentaron o texto no Seminario
de Estudos Galegos o 16 de agosto de 1927. Bouza fálanos deste traballo nun
artigo publicado en 1970. (3)
Despois de 1924 seguín publicando
poemas e notas de arqueoloxía hastra que decidimos o Cuevillas e máis eu
revisar e pór ao día a nosa Prehistoria. O Froro tiña emprincipiado a remexer
na citania de San Cibrán das Lás e dera no dito nº 10 (Revista Nós Nº 10,
abril de 1922) un
adianto dos seus achádegos. Pasado o tempo haberíame de mandar o estudo de tal
xacemento que leín no Seminario e, dempóis, visto que non podíamos pubricar neste
pola nosa conta, resolvín mandalo ao “Boletín de la Real Academia
Gallega” onde saíu. Isto detremiñou unha meirande relación antre o Froro máis
eu e decidimos, como dixen, escomenzar a revisión de canto se tiña traballado
encol da nosa arqueoloxía prehistórica axuntando a Bibliografía da Prehistoria
Galega que aparecéu baixo o rubro dos dous no nº 41 de 15-V-927 e seguinte.
Como indica Bouza, parte dos materiais impresos na separata foron publicados
previamente nos números 41 a
43 da revista Nós, entre maio e
xullo de 1927.
Esta primeira impresión da Bibliografía vai precedida dun texto introdutorio
máis reducido ca o da separata e inclúe duascentas referencias bibliográficas,
mentres que o documento definitivo reúne duascentas vinte.
Texto introdutorio da separata e da revista Nós nº 41 |
Os autores expoñen na introdución os motivos que os levaron a iniciar a
obra.
Co fin de facer doado o estudo e a
consulta ôs amantes da investigación nos eidos prehistóricos de Galiza damos â
estampa os nosos conocementos bibliográficos, notas dificultosas de recadar en
moitos casos por toparse en pubricazons xa mortas, en revistas que o tempo fixo
raras, ou en xornaes dos que non eixisten apenas eixemprares.
Mentres que no adianto impreso na revista Nós, Bouza e Cuevillas declaran a
intención de publicar novas achegas sucesivas, na separata preséntase a relación
como definitiva e, non obstante, “hase de ver
n’estes apuntes un desexo divulgador e non erudito, un ficheiro conciso de
estudante feito para abarcar o conxunto de unha ollada e non o pacente traballo
de un bibliógrafo esculcador de agachados fondos de biblioteca”.
As referencias están ordenadas alfabeticamente segundo o nome do autor e os
temas tratados abalan entre a xeneralidade e a especificidade meticulosa. Exemplo
destas últimas son as seguintes referencias:
-
Un altar druídico en
Bra.
Galicia Diplomática. Ano IV.
-
Restos de un collar de
época neolítica. Boletín da Academia Galega. 1913.
-
Los grabados rupestres
de la Torre de Hércules. Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos. 1915.
-
Antigüedades gallegas.
El torques de la Recadeira. Carré Aldao. Revista Gallega. 1899.
-
Un anillo signatorio
ibérico. Jesús Carro. Boletín da Academia Galega. 1924.
-
Piedra oscilante de
Samarugo. La Voz de Galicia. 1896.
-
Peñasco con
insculturas en Mondariz. Manuel Murguía. Boletín da Academia Galega. 1915.
-
Antigüedades de Noya:
El crucero de Berrimes y el túmulo de Barbanza. Núñez Sarmiento. Galicia
Diplomática. Tomo IV.
-
La mámoa celto-romana
y epigráfica de Bretal. P. Fidel Fita. Boletín de la Academia de la Historia.
1916.
Por último resulta curioso indicar que o exemplar usado para facer esta
recensión vai acompañado dunha tarxeta asinada por Salvador Cabeza de León, presidente do SEG, e dirixida ao director
do Centro de Estudios Asturianos solicitando o intercambio de publicacións
entre as institucións. Estes acordos de intercambio eran habituais no SEG, que
na súa memoria indica a relación dos libros e revistas recibidos e a súa procedencia.
El Presidente
del Seminario de Estudios Gallegos.
B. L. M. (4)
al director del
“Centro de Estudios Asturianos”
y le remite las
adjuntas publicaciones
en espera de su
intercambio.
Salvador Cabeza
de León
aprovecha tan
grata oportunidad para .....
su consideración mas distinguida.
Santiago de Galicia,
Antiguo Colegio de San Clemente
29 de Nov de 1927
su consideración mas distinguida.
Santiago de Galicia,
Antiguo Colegio de San Clemente
29 de Nov de 1927
(1)
Fonte da imaxe de Florentino López Cuevillas:
LaVozdeGalicia.
(2)
Fonte da imaxe de Fermín Bouza-Brey: carloscallon.com.
(3)
Lembranzas e segredos do “Nós” e máis eu. Fermín Bouza Brey. Cincuentenario de Nós, Boletín mensual da cultura
galega (1920-1970). Homenaxe da Real Academia Galega. A Coruña. Outubro de
1970.
(4)
B.L.M. (Besa La Mano). Abreviatura empregada
antigamente na comunicación escrita atrás do nome ou o cargo de quen escribe, en
xeral utilizada nos ofrecementos ou invitacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario