ARQUIVOS DO
SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS V / Varios autores
10 de xullo de 1930
Nós, Pubricazóns Galegas e Imprenta. Av. de Linares Rivas, 50. A Cruña.
10 de xullo de 1930
Nós, Pubricazóns Galegas e Imprenta. Av. de Linares Rivas, 50. A Cruña.
258 p ; 24
cm.
O quinto volume dos
Arquivos do Seminario de Estudos Galegos foi publicado por Nós en xullo de
1930, no obradoiro da avenida de Linares Rivas da Coruña.
Inicialmente estaba previsto que o traballo monográfico Terra de Melide fose editado como cuarto
volume dos Arquivos do Seminario, pero ao cabo o libro saíu do prelo en 1933 como
un volume independente desta serie. Esta primeira intención sumada ao atraso na
elaboración dos traballos incluídos no tomo de Melide, fixeron que o quinto
volume dos Arquivos (1930, A
Coruña) fose impreso antes que o cuarto (1932, Compostela)
Cando estiven en
Vigo o Día da Patria díxome Filgueira que conviña botar axiña os Tomos IV
(Melide) e VI (xeneralidades). (1) e (2)
A impresión deste quinto volume coincidiu co fanado
intento de Casal por poñer na rúa o xornal El
Momento, do cal chegou a imprentar catorce números entre febreiro e marzo
de 1930. As dificultades económicas e materiais da editorial logo deste fracaso
avivaron as tensións coa institución do Seminario, representada polo seu
presidente Salvador Cabeza de León,
quen criticou os atrasos de Casal para entregar os libros nos prazos acordados.
Extrañame moitísimo
canto me dí (Filgueira Valverde) de que pensa facer aló o tomo V, cousa que non
é precisa de ningún xeito xa que si ben é certo que co do xornal teño moito
mais traballo a realizar non-o menos de que conto con mais medios. Manden pois
o orixinal de Filgueira na seguranza de que se pubricará sobre a marcha, xa que
teño tamén en camiño papel couché que se empregará níste tomo, no de Melide e
nos sucesivos según indicou o irmán Cuevillas. (3)
As esixencias do SEG medraron ao longo da impresión do
volume, obrigando a Casal a desculparse con frecuencia:
...Non hai por
ningures afán de perxudicar ô Seminario (tan estimado por min como por todol-os
patriotas de verdade-i-eu coido ter amostrado o meu patriotismo de cote) sinon
todo o contrario, pois precisamente estou adicado ôs seus traballos
exclusivamente (marzo de 1930).
...Refrexo a sua
tarxeta que refrexa a indinazón que sinte pol-a falla de probas dos Arquivos,
falla que non é atribuibre â miña repuñetera gana, como vostede supón, sinó â
terseme esgotado o papel que se emprega na impresión dos Arquivos i-estou
agardando a nova remesa por non poñer outra calidade de papel (28 de maio de
1930).
...Non houbo
imprevisión en pedir o papel pois deica agora a fábrica sirveumo sempre a volta
de correio ou pouco menos e dende o 19 d’abril que o pedín houbera chegado con
tempo de sobra (31 de maio de 1930).
...Hoxe recibín a
sua e inmediatamente encuadernei dous exemprares d’Arquivos V pra que sairan
nun paquete que n’aquel intre enviaba por un propio â Vda. De Galí quen supoño
que llos entregaría (16 de xullo de 1930). (4)
Os membros do Seminario e o editor cruzábanse os
orixinais dos traballos e as probas de imprenta por medio do Castromil,
atrasando o proceso porque ás veces os orixinais viaxaban varias veces antes de
se converter en documentos definitivos. Estas dificultades de comunicación
obrigaron a Casal a trasladarse a Compostela en 1931 para conservar a relación
comercial co SEG, que era o principal cliente da editorial Nós.
Ao cabo o proceso de impresión da quinta achega dos
Arquivos do Seminario prolongouse entre marzo e xullo de 1930.
Neste volume destacan pola variedade as colaboracións científicas
da sección de Xeoquímica dirixida
por Isidro Parga Pondal, e da sección de Bioloxía dirixida por Luís Iglesias e Iglesias, todos eles
escritos en castelán.
Como sucede noutros volumes da mesma serie, o libro tamén
recolle traballos sobre historia da arte,
arqueoloxía e algunhas notas biográficas. Por último, e menos
habitual, inclúe un estudo filosófico
e dous traballos heráldicos.
Orde dos
traballos
Microdeterminación
directa del agua en tejidos conectivos
José María García-Blanco Oyarzabal
Pp. 7-8
Sobre la
regulación hormonal de la economía hídrica en el tejido celular subcutáneo
José María García-Blanco Oyarzabal
Pp. 11-14
Sobre la
presencia de la magnetita y de la ilmenita en las arenas de las playas gallegas
Isidro Parga Pondal
Dolores Lorenzo Salgado
Dolores Lorenzo Salgado
Pp. 17-22
Contribución al
estudio de los minerales del wolframio de Galicia. Análisis de las scheelitas
de Carbia y Villar de Cervos
Isidro Parga Pondal
J. Vázquez Garriga
J. Vázquez Garriga
Pp. 25-26
Reconocimiento
de tejidos vegetales por reactivos microquímicos
Luís Iglesias Iglesias
Pp. 29-43
La flora
gallega y el P. Merino
José Gómez Martínez (Zenitram)
Pp. 47-63
Mámoas do
Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá
Florentino López Cuevillas
Antonio Fraguas e Fraguas
María Pura Lorenzana
Antonio Fraguas e Fraguas
María Pura Lorenzana
Pp. 67-91
O baldaquino en
Galicia denantes do arte barroco
Xosé Filgueira Valverde
Xosé Ramón Fernández Oxea
Xosé Ramón Fernández Oxea
Pp. 95-144
Blasós de
Ourense II
Xurxo Lourenzo Fernández
Pp. 259-276
O tímpano da
capela de dona Leonor
Xesús Carro García
Pp. 147-152
Blasós de Ourense
Xurxo Lourenzo Fernández
Xohán Manuel Amor
Xurxo Lourenzo Fernández
Xohán Manuel Amor
Pp. 155-169
Foro de Lobeira
Xurxo Lourenzo Fernández
Pp. 173-206
Xurxo Lourenzo Fernández
Pp. 173-206
Una carta
inédita del conde de Gondomar
Ciriaco Pérez Bustamante
Pp. 209-211
Ciriaco Pérez Bustamante
Pp. 209-211
Dos ilustres
dominicos gallegos. Notas biográficas.
P. Fr. Aureliano Pardo Villar
Pp. 215-224
P. Fr. Aureliano Pardo Villar
Pp. 215-224
Notas de un
preito antre os veciños de varias freiguesías da xurisdición de Noia e o
Arcebispe de Sant-Yago, sobre o aproveitamento de unha balea botada pol-o mar,
1577
Salvador Cabeza de León
Pp. 227-234
Pp. 227-234
Como vía a Aristóteles
o Pae Feijóo
Ricardo Carballo Calero
Pp. 237-259
Pp. 237-259
O libro complétase coa listaxe das entidades e socios
protectores do Seminario de Estudos Galegos e tamén coa relación das
publicacións da institución.
(1)
Carta
dirixida por Ánxel Casal a Salvador Cabeza de León en agosto de 1930. Ánxel Casal (1895-1936). Textos e
Documentos. Dobarro Paz e Vázquez Souza. Ediciós do Castro, 2003. P. 252.
(2)
O tomo
VI dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (Cursos 1933 e 1934),
identificado na carta por Casal como “Xeneralidades”, foi impreso en Compostela
pola imprenta Paredes en 1934.
(3)
Ibidem
nota 1. Carta dirixida por Ánxel Casal a Salvador Cabeza entre xaneiro e marzo
de 1930. O traballo de Filgueira ao que está a referirse é O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, incluído no tomo
V dos Arquivos.
(4)
Ibidem
nota 1.
(5)
Fonte da
imaxe de J. García-Blanco: www.culturagalega.org
(6)
Fonte da
imaxe de Isidro Parga Pondal: www.concellodelaxe.com
(7)
Fonte da
imaxe de Luís Iglesias Iglesias: www.culturagalega.org
(8)
Fonte da
imaxe de Zenitram:
acidras.blogspot.com.es
(9)
Fonte da
imaxe de Florentino López Cuevillas:
lavozdegalicia
(5) Fonte da imaxe de Antonio
Fraguas: galiciadigital.com
(7) Fonte
da imaxe de Xosé Filgueira Valverde:
filgueiravalverde.blogspot.com.es
(8) Fonte
da imaxe de Xosé Ramón Fernández-Oxea:
www.foroporlamemoria.info
(9)
Fonte da imaxe de Xesús Carro García: realacademiagalega.org
(10) Fonte
da imaxe de Ciriaco Pérez Bustamante:
eldiariomontanes.es
(11) Fonte
da imaxe de Aureliano Pardo Villar:
realacademiagalega.org
(12) Fonte
da imaxe de Salvador Cabeza de León:
UniversidadCarlosIII
(13) Fonte
da imaxe de Ricardo Carballo Calero:
elcorreogallego
Ningún comentario:
Publicar un comentario