mércores, 15 de novembro de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 22



Cabanillas escribe de novo a Peinador en novembro de 1929 para informalo das xestións do lobi galego en Madrid, decidido a obter do goberno o compromiso sobre a construción dun camiño de acceso ao balneario de Mondariz.

Sr. D. Enrique Peinador

Querido Enrique: Estuve con Callejo. Me dijo que acordado y aprobado, como lo está en Consejo de Ministros, el crédito para la ejecución de las obras, espera, para anunciar la subasta, a que le dé el dinero el Ministerio de Hacienda, que, según él, anda un poco apretado para lograr una buena liquidación de fin de año. Insistió en que desea que pongan la cantidad en la cuenta de Instrucción porque no quiere que después haya entorpecimientos.

Creo, pues, que el asunto depende ahora de Calvo Sotelo. Tal vez fuese conveniente que Vicente apretase a éste porque, sea o no sea verdad, no le conceden mucha vida a la situación. No creo la mayor parte de lo que se cuenta, pero todo parece indicar que hay bamboleo.

Recuerdos de Basilio.

Te abraza

Ramón

Muy de prisa
Madrid – 20 Nov.


Eduardo Callejo, aliado de Peinador no Consello de Ministros, foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante a ditadura de Primo de Rivera.

Cabanillas confirma a información facilitada polo marqués de Figueroa, segundo a cal o goberno concedeu o crédito para executar a obra. Agora todo depende do tamén galego Calvo Sotelo, ministro de Facenda, quen debe asignar os cartos ao presuposto de Callejo.

O procedemento non pode ser máis irregular porque debería ser o ministerio de Economía, de quen depende o departamento de Obras Públicas, quen licitase as obras e non o de Instrución, poñendo así de manifesto a tradicional importancia dos apadriñamentos na política española.

En todo caso e como intúe Cabanillas, resulta probable que o expediente non chegara a executarse, por moito que recomende a Peinador falar con Vicente Riestra, xenro do seu irmán Ramón e deputado na Restauración, pedíndolle que interceda diante de Calvo Sotelo para que acelere o procedemento, porque o goberno está en precario. De feito, o xeneral golpista Primo de Rivera dimitirá dous meses máis tarde; o 28 de xaneiro de 1930.



mércores, 1 de novembro de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 21



A actividade de Cabanillas en Madrid é frenética. Logo da carta enviada desde a capital o día oito de novembro, de novo volve escribir o dezanove despois de pasar a fin de semana en Cambados. Cabanillas traballa arreo por conta de Peinador xunto con outros lobistas como o marqués de Figueroa, para mover os fíos que permitan construír un camiño de acceso ao balneario de Mondariz.

Sr. D. Enrique Peinador

Querido Enrique: llegué con cinco horas de retraso – agarrotamiento de un eje de la máquina y un accidente en un mercancías a la altura de Porqueros que nos mantuvieron entre 9 y 1 de la noche en plena desolación leonesa.

Hoy he visto a Rojí – muy amable – que no sabe nada a partir de la salida del expediente de “Construcciones Civiles”: me habló del pase de este por el Tribunal Supremo de Hacienda y por el Consejo de Estado, pero, al enterarle de que ya se había aprobado el crédito en Consejo de Ministros, supone cumplidos esos trámites que juzga previos. Desde luego estima que la obra se celebrará por subasta, si se atienen a la ley, aunque no desecha la posibilidad de que la verifiquen por administración si se les antoja.

Estuve también a ver a Callejo, pero había 400 personas porque hoy es “audiencia pública” en Instrucción, como martes, y lo dejé para mañana.

Visité a tu madre que acababa de escribirte unas líneas en una carta de un consumidor de las aguas.

Todos están bien y todos encantados de tu próximo viaje.

Escribiré con más calma.

Te abraza

Ramón

6 tarde
19 Nov. 1929 Madrid


Non podemos saber quen é a persoa que Cabanillas identifica co nome de Rojí (quizais o arquitecto Joaquín Rojí, responsable do deseño dalgúns edificios senlleiros no Madrid destes anos), pero si vemos como fican ás claras os manexos políticos da ditadura de Primo de Rivera, en nada diferente dos corruptos e ineficaces tempos políticos previos e inmediatamente posteriores, onde os apadriñamentos e a habilidade para moverse nos despachos da administración é o xeito habitual en que os lobistas desatoan os asuntos administrativos.

Eduardo Callejo é o ministro de Instrución da ditadura. El foi quen informou ao grupo de presión que traballa a prol de Enrique Peinador da aprobación do crédito asociado á obra no Consello de Ministros.

Por último, Cabanillas informa da visita á nai de Peinador, quen reside en Madrid.