LA
FLORA
GALLEGA Y EL
P. MERINO / Martínez Gómez, José (ZENITRAM)
14 de maio de 1930
14 de maio de 1930
Imprenta Nós – A Cruña. Avenida de Linares Rivas, 50
19 p ; 24,5
cm.
Este traballo foi incluído no quinto volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos.
Baltasar Merino, máis coñecido como o Pai Merino, foi un botánico e relixioso vinculado á Compañía de Xesús que exerceu como profesor de ciencias no colexio Apóstolo Santiago da Guarda. Aguilloado pola curiosidade científica, Merino recolleu nos tres volumes da Flora descriptiva e ilustrada de Galicia, publicados en Compostela entre 1905 e 1909, o primeiro estudo sistemático sobre a flora galega.
ZENITRAM é o anagrama do crego José Martínez López, párroco da igrexa de San Xurxo da Coruña e tamén director do xornal católico El Eco de Galicia, publicado entre 1904 e 1916 e que foi o órgano de expresión do arcebispado. Martínez foi tamén un afervoado defensor da doutrina católica.
Martínez deixou o xornal en 1914 para trasladarse a Bueu por orde do arcebispo Martín Herrera, como consecuencia da publicación dun artigo crítico no xornal. (2)
Pouco antes da publicación da separata de Zenitram sobre o pai Merino, Ánxel Casal envioulle unha nota aclaratoria ao presidente do SEG.
Estimado amigo: Recibín a sua atta., as
probas do final do traballo de Zenitram i-os pliegos tirados nos que hai varias
marcas que non viñan nas probas. Eu non teño incomenente ningún en mandar máis
d’unha proba e sinon as mandei dos pliegos tirados foi porque non tiña esa
orden e cando recibin sua carta pedíndoas xa estaba a tirada feita, mais no
sucesivo mandarei cantas vostede queira, hoxe van as terceiras de Zenitram.
Tomo nota do encargo das 100 Separatas dos
traballos de Filgueira e Zenitram. (3)
O
traballo de Zenitram La flora gallega y
el Padre Merino, é unha loa entusiasta do botánico en quen o autor atopa o
sucesor científico de Feixóo e Sarmiento. O estudo relaciona os manuais
que precederon o traballo botánico de Merino e dá conta dos axudantes que
colaboraron na investigación co xesuíta.
Sinopse da obra
Baltasar Merino |
Un monje, el P. Sarmiento, concibió la idea
de una Flora gallega, y un jesuíta, el P. Merino, supo darle cima gloriosa.
Zenitram
lamenta o escaso recoñecemento tributado a Sarmiento
en comparación con Feixóo e tamén
que as súas investigacións sobre a flora galega ficasen inéditas.
El autor del “Teatro crítico” tiene estatua
en Orense, cuando el autor del “Onomástico de
voces gallegas” solo tiene en Pontevedra el rótulo de una calle.
O autor
referencia os intentos fanados por establecer o canon da flora galega, entre os
que están o abade Pourret, José Planellas, José López Alonso, Antonio
Casares, Gil y Martínez Servida,
Miguel Colmeiro e Juan Lange. Todos eles investigaron as
variantes locais de diferentes zonas de Galiza, e mesmo Planellas procurou
documentar a flora de todo o país.
El verdadero precursor del P. Merino, Don
José Planellas Giralt, catedrático de Historia Natural de la Universidad de
Santiago, autor de «Ensayo de una Flora fanerogámica gallega».
Planellas
publicou en 1852 un volume onde describe 853 especies, servíndose do traballo
dos botánicos anteriores e da súa propia investigación que o levou a viaxar
durante cinco anos por toda Galiza. A descrición das plantas acompáñase das
propiedades medicinais, do uso frecuente e do nome galego.
Zenitram
coincidiu nos primeiros anos do século XX con Merino, a quen describe como:
Alto, enjuto, de angulosa faz, frente
espaciosa, ojos vivos y escrutadores, algo desgarbado de aire y de rugosa y
atezada piel.
Merino
naceu en Lerma (Burgos) en 1845. Con 15 anos entrou na Compañía de Xesús e foi
destinado sucesivamente a Cuba, Estados Unidos e Porto Rico, antes de chegar á
Guarda, onde viviu dedicado ao ensino e á investigación botánica, morrendo en
Vigo en 1917.
Antes
de publicar a Flora de Galicia, Merino deu ao prelo relatos literarios e
traballos de investigación sobre temas tan diversos como meteoroloxía, lingüística,
química e botánica, algúns deles prologados polo arcebispo Lago González.
Zenitram
glosa as excursións de Merino ao longo da montañas e ribeiras galegas, sempre á
procura de novas especies para catalogar.
Por doquier la figura del P. Merino se
destaca reiteradamente en distintas estaciones, enjuta y fuerte, con el rostro
curtido por las brisas del mar y el aire frío de las montañas, en su traza
pintoresca de herborizador infatigable, haciendo acopio de material para su
flora.
Amais de
utilizar os tratados botánicos internacionais e da axuda do botánico valenciano
Carlos Pau, con quen intercambiou
correspondencia ao longo dos anos, Merino contou tamén cun grupo de
colaboradores galegos entre os que Zenitram cita a Marcelino Rodríguez (Viveiro), Primo
Castro e Manuel Lago (Lugo), José Casal (Pontevedra), Ricardo Sánchez (Melide) e José Vázquez (Arbo). Todos eles
reuniron exemplares para enviárllelos a Merino, quen mesmo designou algunha plantas
cos nomes dos seus amigos (Artemisia Vasqueziana ou Narcissus Lagoi).
En 1905 a Tipografía Galaica de
Santiago editou o primeiro tomo da obra. O segundo apareceu en 1906 e o último
en 1909. A
obra describe 1.777 especies. Outras 77 apareceron nos Suplementos e 90 máis nas Adiciones,
publicadas en Braga en 1917.
En
outubro de 1909 o botánico Carlos Pau felicita a Merino pola conclusión do seu
traballo:
No sin cierta tristeza he visto que dio V.
fin a su empresa. Puede V. esperar con tranquilidad el fin de sus días, pues ha
visto V. el término de su obra. Créame que merece V. que le felicite de verdad,
pues su obra es la única flora que poseemos en España.
(1) Fonte da imaxe de Zenitram:
acidras.blogspot.com.es
(2) «Cal foi o motivo real do seu traslado “forzado” e
“inesperado”? Tal como recoñece a prensa da época foi por culpa dun artigo
aparecido no seu periódico “sobre unhas oposicións a unha praza de doutoral en
Santiago, dando a entender que antes da misa do Espírito Santo, o Espírito
santo fallara a favor dun parente do arcebispo de Santiago, Sr. Martín
Herrera”.» acidras.blogspot.com.es
(3) Carta dirixida por
Ánxel Casal a Salvador Cabeza de
León (presidente do SEG) o 17 de abril de 1930. Ánxel Casal (1895-1936). Textos e Documentos. Dobarro Paz e Vázquez
Souza. Ediciós do Castro, 2003. P. 242
(4) Terra de
Melide. Seminario de Estudos Galegos. Santiago de
Compostela. Editorial Nós, 1933.