O TÍMPANO DA
CAPELA DE DONA LEONOR / Carro García, Xesús
11 de xuño de 1930
11 de xuño de 1930
Imprenta Nós – A Cruña. Avenida de Linares Rivas, 50
8 p + 2 láminas ; 24,5 cm.
Este pequeno estudo tamén foi incluído no quinto volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Segundo o contrato concertado entre o Seminario e a editorial Nós, o editor debía fornecer os exemplares destas separatas, non destinadas á venda e que servían para atender os compromisos do autor e da institución. Algúns autores tamén encargaban exemplares adicionais dos cadernos a título particular.
Respetabre amigo: Contesto â sua do 2 corrente.
No traballo do Sr iglesias xa se non pode facer separata pois como vostede sabe
foi un dos primeiros que se tirou; do do Sr. Carro si se fará e custará unhas
vinte e tantas pesetas os cen exemprares, que coido ser o número que desexan,
así como do seu orixinal. (2)
A meu amigo e
distinguido arqueólogo e pubricista galego D. Anxel del Castillo.
O autor
Jesús Carro
O tímpano da capela de dona Leonor é un
estudo histórico e artístico sobre a representación da Epifanía que decoraba a
capela funeraria de dona Leonor González,
segunda esposa de Roy Soga e filla
de Johan Gonçaluez de Saz, na
catedral de Compostela. A donante tamén está representada na talla, axeonllada
entre a Virxe co neno e San Xosé.
En la visita que el
cardenal Jerónimo del Hoyo hizo el 12 de septiembre de 1603, la denomina
“capilla de Rodrigo y Payo Soga” y la sitúa “en el mirador de la Sancta Iglesia que
cae hacia la plaza del Hospital.” (…) El tímpano debió colocarse sobre la
portada de ingreso a la capilla en el costado occidental de la basílica, cerca
del acceso principal por el lado derecho (…) López Ferreiro atribuye esta
fundación y dotación a un Payo Soga, arcediano de Trastámara, y a su pariente
Ruy Soga. Además señala lo siguiente sobre su estado: “Esta capilla es hoy
conocida con el nombre del Deán. Está muy renovada. Como retablo, conserva un
curioso relieve que representa la
Adoración de los Santos Reyes; el cual relieve debió de ser
el tímpano de la puerta de la antigua capilla” (4)
Sinopse da obra
Na fachada do Obradoiro da Catredal
compostelán, â man direita, na solana que olla â Praza do Hespital, alcóntrase
unha pequerrecha capela que veu dende ús anos chamándose a capela do Deián,
dignidade do coengo Don Policarpo de Mendoza, seu proteutor no século XVIII.
Tivo dinantes tamén os nomes de Nosa Señora
a Branca, Nosa Señora do Portal, do Obradoiro, dos Sogas e de Dona Leonor, que
foi o primitivo e verdadeiro.
Carro
glosa as novas sobre a capela a partir do testamento do deán Policarpo de Mendoza, da historia da
basílica de Xosé María Cepedano e das
memorias do arcebispado do cóengo Xerónimo
del Hoyo.
No
momento en que Carro redacta o seu estudo, a capela está pechada atrás dunha
portada renacentista “composta de duas columnas e
capités, cornisamento e frontón triangolar, lucindo no centro do tímpano unha
cartela que non dí ren”. O espazo interior mide dous metros de fondo por
outros dous de ancho, feito en pedra de grao con bóveda de canón.
O
tímpano da adoración estaba emprazado sobre o altar e ao ser extraído revelou unha
inscrición embaixo do lintel:
CAPELLA : DONA
: LEONOR
Na cubrición,
outro canteiro inscribiu un novo texto:
CAPILLA DE DONA
LIONOR RESTAURADA EL 1768
Carro
procura as referencias a dona Leonor no tomo VI da Historia de la
Catedral de Santiago de Antonio López Ferreiro, onde identifica a súa relación familiar cos
Soga e os Saz no documento de doazón dalgúns dos seus bens ao arcebispado,
datado en Noia a 6 de maio de 1361. Os textos dan conta tamén da boa relación
entre o arcebispo don Berenguel e
Roi Soga, xefe dos vigairos e pertegueiros maiores da catedral, que a xuízo de
Carro xustifica o permiso do cabido para edificar a capela no recinto da igrexa.
O tímpano, que ten de longo 1,30 por 0,90
d’alto, representa a escena da Adorazón dos Santos Reis e o compón nove
figuras. A imaxen central, a môr de todas, é Nosa Señora coroada, sentada n’un
sillón sin respaldo e con pés decorados. Ten no seu colo ô Neno Xesús, tamén
coroado, e botando a bendición co-a déstra. Os Reis, dous están de pé,
amostrando nas mans ús dons (..) De outro lado alcóntrase San Xosé sentado e
con seu bastón de «tau», poñendo a sua déstra sobre a cabeza de unha muller
axoenlla e co-as mans levantadas, posíbelemente unha devota que supoñemos sexa
Dona Leonor.
Resulta
probable que no século XIV o tímpano ocupase a porta de entrada da capela
primitiva. O lugar foi remodelado sucesivamente nos séculos XVI e XVIII.
Tópase n’autualidade, pechada ista capela
do Deián, ou sexa a que primitivamente foi de Dona Leonor. Xa non hai n’ila
ningún culto. Toda lembranza fuxíu. O tímpano que dinantes facía de retabro,
levouse pra o Museu da Catredal. Alí é unha das xuas xoias. Dona Leonor sigue
xoenlla e baixo a man de San Xosé.
(1) Fonte da imaxe de
Xesus Carro: realacademiagalega.org
(2) Carta dirixida por
Ánxel Casal a Salvador Cabeza de
León (presidente do SEG) o 6 de xuño de 1930. Ánxel Casal (1895-1936). Textos e Documentos. Dobarro Paz e Vázquez
Souza. Ediciós do Castro, 2003. P. 247
(3) Fonte da imaxe do tímpano de dona Leonor: farodevivo.es
(4) Un
tímpano singular vinculado al arzobispo fray Berenguel de Landoria (1317-1330)
en Santa Cristina de Fecha (Santiago de Compostela). Carmen Manso Porto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario