FÍRGOAS / Manoel
Luís Acuña
NÓS, Pubricacións Galegas e Imprenta. Rúa do Vilar, 15. Santiago
NÓS, Pubricacións Galegas e Imprenta. Rúa do Vilar, 15. Santiago
6 de setembro de 1933
72 pp ; 22 cm.
O libro de poemas Fírgoas, escrito por Manuel Luís Acuña Sarmiento, foi editado por Nós en Compostela en
1933.
Este é o único libro publicado por Acuña, (2) quen tamén
deixou outros poemas espallados por revistas e xornais entre
1927, cando
apareceu o poema Oraciós na revista
Nós, e até 1941, ano en que deixou de colaborar co xornal El Compostelano.
Acuña participou con Ánxel
Casal na posta en marcha das Escolas
de Insiño Galego e anos máis tarde dirixiu o efémero xornal El Momento, editado por Casal e que estivo
a piques de levar á creba a editorial. (3)
Previamente á edición de Fírgoas, o número 115 da
revista Nós editado o 25 de xullo de 1933 desvelou tres dos poemas que
habían aparecer no libro: Afiador, Mendiño e Segador, na que era unha das políticas comerciais da editorial,
promovendo os novos títulos a través do boletín ou dos suplementos Nós.
Fírgoas é un libro vital, luminoso, inscrito na corrente renovadora
da Vangarda e que segue o ronsel,
entre outros, de Manuel Antonio e Luís Amado Carballo, quen poucos anos antes, entre 1927 e 1928, deron ao
prelo Proel, o póstumo O galo e De catro a catro.
Fírgoas na revista Nós. nº 115 - xullo de 1933 |
Os poemas foron escritos entre 1930 e 1931 e o libro
divídese en varias seccións, cada unha delas dedicada a un amigo do autor: Poemas do alalá, Camiñantes, Gris, Regueifa, O neno e Bodas, ademais
do poema Fírgoas precedendo os
anteriores como presentación do volume.
A materia é fofa,
encaracochada porosa.
Nin o mármore máis duro nin o espello mais requintado.
Nin o mármore máis duro nin o espello mais requintado.
Hay fírgoas
intermoleculares, interatómicas.
Nos homes. Nas cousas. Nas verbas.
Nas horas que foron,
nas que son, nas que han de sere.Nos homes. Nas cousas. Nas verbas.
Fírgoas de lus ou de soma.
Fiestras abertas o sorriso da raiola.
Grípolas onde aniñan xiadas e curiscos.
FIRGOAS.
Pra que se apaseen vermes carregados de doencias.
Pra que runfe a natureza no reino da escuridade.
OLLANDE. OLLANDE.
(Fírgoas)
Poema do alalá está
dedicado a Ramón Otero Pedrayo e
fórmano cinco poemas: Ronda, Peto de ánimas, Alto!, Loita e Alalá.
Estes son versos musicais, co arrecendo das cantigas
tradicionais sen deixar de ser fortemente innovadores, onde se aprecian
influencias de Lorca e Amado Carballo.
Frecha de vento
aceirado
- cantar que canta nos dedos –
- cantar que canta nos dedos –
Daban as doce na
lua.
Ailalala...
ailalelo!
Luzada na media
noite
- lengoa de lume no
preto –
Cantar que canta no
sangue.
Ailalala...
ailalelo!
O vento ciscóu
estrelas.
Escorrentaron os
medos.
Esta noite noite
noite...
Ailalala...
ailalelo!
Camiñantes está
dedicado a Vicente Risco e tamén inclúe
cinco poemas: Afiador, Mendiño, Segador, Romance da miniña do cego e Meu.
Os catro primeiros falan dos oficios do camiño e a
miseria dos camiñantes. O último fálanos da soidade de quen anda sen saber de
onde ven nin onde vai, do poeta dono da palabra, miserento a ollos de
todos pero propietario dun tesouro agochado no interior.
(...)
Cazador infatigabel
nos matos do
pensamento,
teño un carcax:
pantasia,
rico de frechas:
meus versos.
Teño paxaros e
copras
e levo os ollos
bagoentos,
Teño enfeites e
galanos
e vou como can
famento.
Paradoxa, paradoxa.
Ilusión douda – ouro
vello –
Son cativo como a
reiva
i-estou mais outo
qu’o ceo.
Señor! Señor!
E veño... de donde
veño?
Gris, a
sección máis longa, está dedicada a Augusto
María Casas e fórmana sete poemas: Gris, Aldea, Alcipreste, Foi, era,
Fume, O cañoto, Soidade.
Estes son versos curtos, de ritmo vertixinoso e non
obstante escritos con palabras vagarosas, que anotan a listaxe das crebas e
derrotas.
No agro encorou o
tempo
e só camiñan as nubes.
e só camiñan as nubes.
Friaxe e soidades tinxen os versos que falan dun presente
vestido de pasado, nun tempo inmóbil onde o fracaso é teimudo.
Xa ren, saudade.
Nin merlos
Nin nenos
A miña anguria nua
na fosca soedade.
Regueifa,
dedicado a Álvaro Cunqueiro, consta
dun único poema onde relean a lúa e o vento alcumando un no outro coa graza e o
enxeño instantáneo das regueifas.
O neno
fórmano catro poemas sen título e numerados do un ao catro, dedicados a Xohán Luís Ramos Coleman, militante do
Partido Galeguista, quen dirixiu xunto a Manuel Luís Acuña a páxina cultural de
La Región.
Estes versos teñen xeito de panxoliñas e neles o autor
canta ao neno usando palabras áxiles e luminosas, sen deixar de contemplar a
escuridade miserenta embrutecedora do mundo.
Cala, miña seda.
Olla:
Na feira da lua chea
mércanse frores do
ceo.
A nai xa non tiña
bágoas
nin pra mercar un
luceiro.
Olla, olla:
Eu quero apañar o
vento
pra que ti xogues á
comba.
Cala, miña seda.
Olla, olla, olla:
Espera
Por último, Bodas
está dedicado a Ampariño Sánchez, mestra
e esposa de Acuña e reúne tres poemas: Segredo, Arela e Bodas, onde desvela o
amor pola dona.
Arelas de ser
contigo
espertáronme con
tempo.
Nos vidros batía a
choiva;
Mainiña, cos
cotovelos.
Saín... Pol-as ruas
frías
rondaba espreitante
o vento.
Isopes de abrente
húmido
benzoaban meus
deseos.
Badaladas de
anduriñas,
esboazando no
castelo,
a groria repinicaban
pol-a morte do
solteiro.
Así como petaba
doudo
meu corazón
algareiro.
Amigas lindas
sopraron
o lume dos teus
cabelos;
en cárceres de ouro
e gasas
fecharon o teu
segredo.
(1)
Imaxe de Manuel Luís Acuña: Vida Gallega. 1934.
Galipedia
(2)
“Ao
longo do franquismo negouse a publicar ningún libro de poesía máis: todo o que
tiña que dicir, para el, xa estaba dito, e nun tempo de liberdade”. Manuel Luís Acuña, un manantío inesgotable.
Ramón Nicolás Rodríguez. Unidade didáctica. 2º Ciclo de Secundaria.
(3)
Ibidem
nota anterior.