sábado, 5 de xuño de 2021

ESTADO ACTUAL DE LA CULTURA GALLEGA


ESTADO ACTUAL DE LA CULTURA GALLEGA / EL MARISCAL PARDO DE CELA

Ramón Suárez Picallo / Eduardo Blanco Amor
Editorial Lar. A Cruña
1927
40 pp ; 16 Cm.


O folleto escrito en castelán reúne dúas conferencias pronunciadas por Blanco Amor e Suárez Picallo na Semana Galega organizada en Bos Aires pola Federación de Sociedades Galegas e Culturais.

Os textos van precedidos dunha nota dos editores dando por superado o rexionalismo, substituído polo ideario nacionalista.

Un motivo dinámico no que as arelas vagas e velaiñas dos chamados Precursores poideran polarizárense de xeito concreto e fecundo (...) Ô redor do inquedo autor d’un folleto nomeado ‹Nacionalismo gallego a nosa afirmación rexional› que se imprentou na Cruña, xuntáronse os que levaban unha visión da Galiza redenta no fondo da i-alma e xurdiron d’aquela as Irmandades da Fala (...) O galeguismo por iso dou co’a sua fórmula integral. Do seu vago balbucir nos versos dos poetas pasou â prosa, meteuse na política, faguéndose carne na literatura, no mitin, na conferencia.


Blanco Amor e Suárez Picallo, mozos representantes da vangarda galeguista en América, queren transmitirlles aos emigrados que agora viven desconectados da terra que deixaron atrás a modernidade contemporánea da cultura galega.

ESTADO ACTUAL DE LA CULTURA GALLEGA

Blanco Amor estrutura a conferencia en seis apartados.

1. Sus antecedentes y sus proyecciones futuras

O autor afirma que a obra dos artistas recada o xeito íntimo de pensar e sentir dun pobo. Fronte ao ermo do inmediato, que non deixa pegada, a beleza eterna do inmaterial transcende o tempo afirmando a nosa presenza na historia.

2. Una era de enmiendas

O obxectivo desta conferencia é ir alén das festas da Semana Galega e desvelar as luces da Galiza contemporánea. 

La colectividad gallega en la República Argentina, salvo el esfuerzo personal de unos pocos, ha vivido y vive en el más imperdonable alejamiento y en la indiferencia más censurable y en el más torvo aislamiento de las cuestiones que afectan a la vida misma de su verdadero país.

A emenda do estéril nacionalismo español virá da reconstrución das nacionalidades que integran España.


3. Los ideales nacionalistas como productores de cultura

Blanco Amor identifica o termo rexión cunha circunstancia administrativa mentres que a nación e unha realidade xeográfica e histórica. As nacións españolas deben unirse nunha república federal para deixar de ser, privadas do idioma, comparsas da cultura castelá.

4. Algunas afirmaciones del nacionalismo gallego

Más que un ideal político, el nacionalismo es una serie de postulados de cultura. Un pueblo capaz de pensar por sí solo y de vivir la vida de espíritu sin tutorías ni excesivas influencias ajenas, llega automaticamente, a todas las libertades.

O nacionalismo non procura unha redención efémera. O obxectivo é crear a conciencia que dea pé á liberdade de pensamento como primeiro paso para acadar a liberdade efectiva.

5. Cronología mínima de nuestro movimiento cultural

Blanco Amor fai neste apartado un percorrido cultural polo rexurdir do ideario nacionalista, partindo dos precursores Vicetto, Murguía e Brañas e lamenta que as súas ideas non chegaran a ter eco na conciencia do pobo. Despois deles a acción galeguista esvaece até 1907, cando Lugrís Freire acende de novo o lume materializado anos despois nas Irmandades da Fala, comezando con elas a reconstrución espiritual, económica e política da Galiza.

6. Algunos datos sobre el estado actual de la cultura gallega

O autor cita como momentos chave no rexurdir da cultura galega as Irmandades da Fala, o xornal A Nosa Terra, o boletín Nós e a revista Céltiga. Tamén anota os nomes dos protagonistas da nova pintura galega, donos dun estilo propio dominado polas cores da terra, en contraposición da luminosidade da pintura española e as novidades literarias, extraordinarias en calidade e cantidade.

Europa se ha entrado en nuestra tierra, a partir de la guerra europea, con una fuerza de vendaval y los módulos inquietos, más vanguardistas más extremos de la mente europea, encontraron en nosotros, fácil y abonado terreno.

Os xornais, editoriais e a iniciativa do Seminario de Estudos Galegos provocaron, segundo Blanco Amor, que o nacionalismo deixara de ser o privilexio da elite ilustrada para estenderse ao pobo.

Ahí tenéis someramente explicado el estado actual de la cultura de nuestro país. Estado de plenitud, de florecimiento, de superación.

 

EL MARISCAL PARDO DE CELA. UN CAPÍTULO DE LA HISTORIA DE GALICIA


No tempo en que Ramón Suárez Picallo pronuncia a conferencia, a historia de Galiza e a pesar dos esforzos dos Precursores, ficou sepultada baixo a barafunda imperial española para a maioría dos galegos.

Xa que logo, compre establecer referentes míticos singulares e baixo esta intención a figura de Pardo de Cela adquiriu importancia especial entre os poetas, escritores e historiadores galeguistas como Vicetto, Murguía, Justo Areal, Lamas Carvajal, Leiras Pulpeiro, Cabanillas ou Villar Ponte.

O folleto recolle un resume da conferencia onde Suárez Picallo establece a figura do Mariscal como referente da resistencia galega contra o devezo anexionista de Castela.

Nosotros, los emigrados gallegos residentes en Buenos Aires, que vivimos intensamente esta hora única en la historia de Galicia, recogemos las palabras bárdicas y proclamamos a Pedro Pardo de Cela, el héroe nacional gallego.

(1)   Imaxe de Ramón Suárez Picallo: A.C. Irmáns Suárez Picallo

(2)   Imaxe de Eduardo Blanco Amor: Libros del Asteroide

(3)   Foto. Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional: Wikipedia.org