A FESTA DOS MAIOS / Xosé Filgueira
Valverde
1927
Imprenta Lar. Franja, 34 - A Cruña
63 páx. ; 24 Cm.
1927
Imprenta Lar. Franja, 34 - A Cruña
63 páx. ; 24 Cm.
Tanto este primeiro volume dos Arquivos como as separatas que o integran foron impresas por Leandro Carré en solitario no obradoiro da rúa da Franxa, onde trasladou a imprenta Lar logo da separación de Ánxel Casal.
O traballo recibiu un premio na Festa da Lingua Galega de 1924, onde tamén foi premiada a novela Pantelas, home libre escrita por Ramón Otero Pedrayo e publicada por Lar na súa colección de novela breve (2). Tradicionalmente estas festas celebrábanse en Compostela organizadas pola Liga de Amigos de Santiago.
Os Maios son festas de orixe ancestral que celebran a fin do inverno e o comezo da primavera. Estes Maios represéntanse mediante símbolos naturais como árbores, obxectos que as representan e tamén persoas cubertas por pólas e flores.
Filgueira conecta no traballo os ritos primaverais dos Maios; unha tradición xa esmorecente no seu tempo, co culto ás árbores tamén presente noutros países europeos. Ademais pretende dar unha visión diversa da celebración, escolmando ritos e cantigas recollidos por toda Galiza.
Sinopse da obra
Os Maios son as festas primaverais en que os galegos matan simbolicamente o inverno e fan xurdir o verán, representado por unha árbore, unha póla ou unha persoa disfrazada, celebrando que a terra acorda logo dos fríos invernais e o aumento da luz do día provocado polo devalo do sol.
As festas acabaron inevitablemente asimiladas polos novos ritos cristiáns e teñen lugar entre marzo e maio, formando parte do calendario de moitos pobos europeos.
D’iste xeito as Carnestolendas e a Pascua
recolleron en algúns lugares as costumes da espulsión do inverno, o mes de Maio
adicouse á Virxe María, a Santa Cruz tén en Maio a sua festa, o Corpus,
especialmente entre nós, absorve as danzas de primadeira i-en San Xohán e San
Pedro culminan as festas do estío.
Bailemos nós xa todas, todas ai amigas
so aquestas avelaneiras floridas;
e quen for belida, como nós, belidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
virá bailar (Airas Nunes).
so aquestas avelaneiras floridas;
e quen for belida, como nós, belidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas
virá bailar (Airas Nunes).
Outro costume estendido por Galiza son as árbores de Maio. Non obstante as raíñas, presentes nas festas primaverais de toda Europa, non aparece aquí e son substituídas por homes cubertos con follas.
En moitas localidades o Maio é un rapas
adobiado con follas e froles que sai po-las rúas o día primeiro de Maio rodeado
por outros nenos cantando cantigas tradicioales e pedindo maiolas, castañas
pilongas e noces.
O costume de acender lumes polo Maio concorda coa festa céltica Beal-tene (Fogo de Deus), cando os mozos acendían fogueiras nos outeiros o día primeiro de maio.
Festa do Maio. Cambados. 2009 |
Outros elementos dramáticos como as máscaras de Pentecoste, das que derivan peliqueiros e outras carautas do entroido, celebran a expulsión e morte do inverno en lugares tan afastados como Rusia e Escocia.
En Portugal como en casi toda Galiza
pídense castañas: é preciso comelas o 1º de Maio pra non levar o burro. No
Poitou é o viño branco. En Rulha ovos, crema, lambetadas. En Salzwedel ovos e
manteiga. É unha circunstancia accidental cambiable según o gosto e o clima dos
paises que en nada influie o senso de festa dos Maios.
Principiamos a cantar / todo o millor que
poidamos / para ver si deste xeito / algo pró Maio quitamos. (Escomenzos. Santiago)
Escoiten as fatigas / d’este probe Maio /
que ó chegar á calle / quedouse estrangoado. (Escomenzos. Ourense)
A canta-lo Maio / señores acá vimos / e
para canta-lo / licencia pedimos. (Petición de licencia. Pontevedra)
Cantar cantaremos / do Maio o redor / ó
señor Alcalde / e ó Gobernador. (Saúdo. Ourense)
Aquí ven o Maio / e traio estas flores; /
ehí ven San Xohan / que as traerá mellores. (Alusión ao Maio. Vilagarcía)
Echeno-lo Maio / señores caballeros / si no
tienen Maio / échennos dinero. (Petitorios. Viveiro)
Ahí ven o Maio / señor coronel / boten
maiolas / da ucha do mel. (Petitorios. Mondoñedo)
Vaian dando a propina / porque ben a
merecemos / teñan compasión de nós / porque somos moi pequenos. (Petitorios. Lugo)
Deano-las maias / señor cura, dea, / das
que lle sobraron / da sua coresma. (Petitorios. sen identificar)
Levántate Maio / fuxe d’eiquí rexo / que si
saen os caciques / ándanche co pelexo. (Remate. Ourense)
Nas salas da Xusticia / para mor
profanación / fabrícanse hoxe os novos / caciques na nación. (Copla de
maldizer. Ourense)
Señoras e señores / poñan atención / que
vamos falare / do gobernador. / Nin é alto, nin é baixo / nin é malo nin é bó /
parece un reló parado / dentro da Diputación. (Copla de maldizer. Pontevedra)
(1)
Fonte da imaxe de Xosé Filgueira: filgueiravalverde.blogspot.com.es
(2)
Pantelas,
home libre. Ramón Otero Pedrayo. Lar, revista quincenal nº 8. Imprenta Lar,
6 de xuño de 1925. A Cruña.
Comentario publicado neste mesmo lugar en
setembro de 2012.