sábado, 24 de novembro de 2018

TREINTA Y TRES LECCIONES DE GEOGRAFÍA GENERAL


TREINTA Y TRES LECCIONES DE GEOGRAFÍA GENERAL / Ramón Otero Pedrayo
NÓS, Pubricacións Galegas e Imprenta. Hortas, 20. Santiago
13 de novembro de 1931
170 pp ; 22 cm.

O manual didáctico Treinta y tres lecciones de geografía general foi escrito por Ramón Otero Pedrayo e editado por Nós en Compostela en 1931.

Otero foi catedrático de Xeografía e Historia no Instituto de Ourense entre 1921 e 1950, ano en que pasa a ocupar a cátedra de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela (2).

A imprenta La Industrial de Ourense tamén publicou outros textos didácticos do autor durante o período da Segunda República:

Programa de Geografía e Historia (primero y quinto curso) 
Lecciones de Geografía e Historia (primero y quinto curso)

Ademais destes manuais, Otero deu ao prelo as Lecciones elementales de Historia Universal, e tanto este libro como as Treinta y tres lecciones de geografía general foron publicados orixinalmente na Coruña en 1929 e de novo impresas en 1931 pola editorial Nós.

Os textos serviron para fornecer os alumnos dun material didáctico de referencia sobre as materias que o autor impartía no Instituto de Ourense, utilizando un sistema tan engaiolante como disperso en palabras dun dos seus alumnos.

Cada mañá, un grupo de nenos de 11 e 12 anos víamos chegar aquel home corpulento, traxado e con sombreiro, con fama de sabio, quen sen un papel, sen un libro, pousaba o sombreiro sobre a mesa, sentaba e comezaba a falar coa elegancia solemne dun personaxe de Shakespeare. De embaixo do sombreiro, como se se tratase dun prestidixitador, parecían saír -e quizais saían- imaxes de paisaxes, citas de escritores, reflexións filosóficas, comentarios sarcásticos, regatos de poesía. (3)

Anos máis tarde e xa na universidade, reuniu as súas leccións no libro Geografía de España. Presencia y potencia del suelo y pueblo español, publicado en catro tomos en Barcelona no ano 1955.

As Treinta y tres lecciones de geografía general abranguen un coñecemento amplo onde cabe todo, pois ademais dos conceptos xeográficos tamén hai lugar para a economía, as linguas, a relixión, a cosmografía, a antropoloxía... sempre con explicacións concisas, ofrecendo unha visión ampla e culta da realidade pero non abafante, non circunscrita exclusivamente á enumeración dos accidentes xeográficos.

O programa do curso está composto polas seguintes materias:

  • Concepto de la geografía y alcance y dominio de los estudios geográficos.
  • Conocimientos auxiliares y preparatorios. Propedéutica de la enseñanza geográfica.
  • Elementos de cosmografía. El cielo.
  • El sol y el sistema solar.
  • La Tierra considerada como planeta. Movimientos de la Tierra y sus consecuencias.
  • La luna y los eclipses de sol y de luna.
  • La Tierra como cuerpo geométrico. La esfera terrestre y los mapas. Idea de las proyecciones.
  • La tierra como cuerpo físico. Nociones de geología.
  • La superficie terrestre y los fenómenos volcánicos y sísmicos.
  • Orografía e hidrografía terrestre y marítima.
  • La atmósfera y los meteoros.
  • Climatología.
  • La Tierra como asiento y morada de los seres geográficos. La biografía.
  • Nociones de fitogeografía y zoogeografía.
  • La antropogeografía o geografía humana.
  • El hombre como ser físico. Las razas.
  • La geografía política y los vínculos sociales.
  • La civilización en sus diversos grados.
  • Los estados o nacionalidades.
  • Lenguas y religiones.
  • La geografía económica y sus variados aspectos.
  • Importancia del factor geográfico en la vida social y en la historia.
  • La geografía científica y la geografía descriptiva.
  • Descripción general del mundo.
  • Descripción particular de cada una de las partes del mundo. Europa.
  • Europa central oriental.
  • Europa central occidental.
  • Europa meridional o mediterránea.
  • Asia.
  • África.
  • América
  • Oceanía y tierras polares.
  • Descripción particular de cada uno de los océanos.

(1)   Imaxe de Ramón Otero Pedrayo: fundacionoteropedrayo.org
(2)   Entre 1937 e 1941 foi depurado polo franquismo e afastado da cátedra.
(3)   O mundo nas mans. Cartografia escolar dos séculos XIX e XX. Museo pedagóxico de Galicia. Xunta de Galicia. 2016. Santiago de Compostela