A TERRA DE
MELIDE / Ramón Otero Pedrayo
1933
Editorial NÓS. Rúa das Hortas, 20. Santiago
1933
Editorial NÓS. Rúa das Hortas, 20. Santiago
31 p ; 28 cm.
A separata A Terra
de Melide escrita por Ramón Otero
Pedrayo foi impresa por Nós na rúa das Hortas de Compostela en 1933.
Este traballo forma parte da monografía do Seminario de Estudos Galegos, Terra de Melide, obra magna da editorial Nós que reúne estudos
históricos, etnográficos e arqueolóxicos sobre a comarca.
Xunto coa edición do monumental volume de 737 páxinas, Nós
sacou do prelo as separatas que o integran como documentos exentos, poñendo por
vez primeira ao dispor dos lectores os traballos interdisciplinarios efectuados polos membros do
Seminario nas comarcas de Galicia, primeiro en Monforte en 1926, no Carballiño en 1927, no Deza en 1928 e Melide en 1929 (2).
O libro ábrese cun fragmento da carta xeográfica de Fontán a dobre páxina.
Monografía Terra de Melide |
Loce con craridade
incoparabre a fisiognomía compreta i-eispresiva disas estesas rexiós montesías
da Galicia central (...) isas bisbarras son a reserva e a confianza da Galicia,
son os seus músculos e carne xeográfica i-humanamente.
E logo destas consideracións xeográfico-poéticas, Otero establece
a posición e demarcacións das terras.
Pol-o Norte o
Bocelo, pol-o Leste as serras do Corno de Boi e do Carión, pol-o Sul a Ulla
dende Ponte Ramil ate augas abaixo da embocadura do Besoña. Pol-o Weste pol-as
augas do río chamado da Priguiza, afiuente do Iso, e pol-as outuras que pechan
o W. a crebada do Besoña.
No segundo capítulo, Otero traza a idea xeral do relevo e
nos seguintes módulos describe polo miúdo cada unha das zonas da comarca, desde
a montaña deica as ribeiras e bocarribeiras, mesturando comentarios xeográficos
coa descrición das vilas e aldeas e o seu contexto económico e humano.
O capítulo octavo está dedicado ás paisaxes xeográficas
de diferentes lugares:
- Castro de Serantes.
- Castro de Novela.
- Terra de Santiso.
- Ponte Arcediago e estrada que vai deica Melide.
- Gándara de Meire.
- Castro Pedro.
Xa o dí a frase do
pobo, sinalando as ergueitas cumes que rodean o hourizonte: “Faro, Farelo, Pico
Sagro e Bocelo”. En todo iste grande anaco da Galicia, comprendido nos marcos
montesíos, domina un caraiter xeral: a montana i a chaira matizadas en variacións
infindas. Os vals non se detremiñan, con todo alí están e levan ô cerne
interior da Galicia outra vida que alterna ca da montana.
O traballo remata coa descrición dos camiños antigos e catro
fotografías dalgúns dos sitios representativos da comarca: a fervenza do río Seco
en Santa María da Capela, a Gándara do monte, a confluencia do Furelos co Ulla
na ponte Arcediago e a ponte Leboreiro, tamén sobre o río Seco.
(1)
Fonte da
imaxe de Ramón Otero Pedrayo:
fundacionoteropedrayo.org.
(2)
A misión
do Seminario na comarca de Melide foi dirixida por Xesús Carro e, ademais de Otero
Pedrayo, tamén colaboraron nela Florentino
López Cuevillas, Antonio Taboada
Roca, Emilio Camps Cazarola, Xosé Ramón Fernández Oxea, Vicente Risco, Amador Rodríguez Martínez, Eduardo
Martínez Torner, Xesús Bal e Gay,
Armando Cotarelo Valledor e o citado Xesús Carro Rodríguez.