JOIAS ARCAICAS
ENCONTRADAS EM PORTUGAL / Mário Cardozo
2 de abril de 1930
NÓS, Pubricazóns Galegas e Imprenta. Real, 36 – 1º. A Cruña
2 de abril de 1930
NÓS, Pubricazóns Galegas e Imprenta. Real, 36 – 1º. A Cruña
37 p ; 27 Cm.
A separata Joias
arcaicas encontradas em Portugal escrita por Mário Augusto de Vasconcelos Cardozo foi impresa na rúa Real da Coruña
en 1930.
Mário Cardozo foi un
militar, etnógrafo, arqueólogo, historiador e editor de Guimarães especializado
no estudo da ourivería castrexa e particularmente da citania de Briteiros, onde
participou intensamente nas campañas de pescuda.
O documento impreso pola editorial Nós por conta do Seminario de Estudos Galegos foi
publicado previamente no boletín Nós entre decembro de 1929 e marzo de 1930
(Bol. Nós nº 72, Pp. 207-218; Bol. Nós nº 75, Pp. 43-63), dividido en tres apartados:
I – O tesouro inédito de
Cabeceiras de Basto
II – Inventario dos achados
portugueses
III – Bibliografía
O tesouro a que nos
vamos referir tem-se conservado quási desconhecido, desde a data do seu
aparecimento, há cêrca de vinte anos! Consta de três peças de ouro: um
crescente, ou lunula, e dois pequenos discos. Está actualmente em poder do
coleccionador, de Viana-do-Castelo, Sr. Serafim de Sousa Neves, o qual, em fins
de 1911, comprou estas jóias a um ourives que, da cidade de Braga, costumava ir
feirar na súa indústria a Cabeceiras de Basto.
O ourive Fonseca
mercou na feira de Cabeceira de Bastos
as xoias descubertas nun xacemento indeterminado coa intención de fundilas,
pero antes pasaron polas mans do anticuario Neves, quen procurou adquirilas para conservalas deica o momento en
que foron vendidas por unha das súas descendentes. Actualmente poden verse no Museo Arqueolóxico Nacional de Lisboa.
O tesouro consta dunha lúnula e dous círculos
confeccionados cunha fina lámina de ouro. O crecente presenta dous furados nos
extremos por onde pasar o fío para cumprir a función de colar e foi pregado en
tres “pelo ignorante descobridor, para melhor a
ocultar no bôlso ou na carteira, juntamente cos dois discos. A dobra inicial
provocou mesmo um comêço de fractua na superficie anterior da lúnula”. A
peza tamén foi fracturada nun dos extremos para achegar o fragmento aos ourives
e determinar o valor do ouro sen amosar o conxunto.
Os discos son aínda máis finos que a lúnula, cun espesor
de 1/3 a 1/4 mm, ornamentados con círculos concéntricos usuais das
representacións solares e presentan pequenos furados no centro. É probable que
os discos foran cosidos sobre as roupas e cubrindo os seos dunha muller soterrada,
como teñen aparecido noutros enterramentos.
O culto do Sol, como
o da Lua, foi praticado na Península Hispânica desde os tempos pre-históricos
até á romanizaçao, pois em muitas lápidas sepulcrais hispano-romanas se vêem
ainda insculpidos os correspondentes símbolos astrolátricos.
Porén non dispor da información sobre o xacemento onde se
produciu o achado, Cardozo establece a súa antigüidade por analoxía con outras
pezas coñecidas da idade do Bronce, anteriores ao primeiro milenio a.C. e dunha
feitura semellante ás xoias arcaicas irlandesas previas ao desenvolvemento
pleno da súa ourivería, novo indicio das relacións comerciais da rexión con
Irlanda e o sur de Gran Bretaña.
As joias da espécie
das de Cabeceira de Basto, praticadas em finas lâminas d’ouro, podiam muito bem
ter, pela sua delicadeza, uma aplicaçao meramente funerária, e, pela sua forma
astral, um sentido votivo religioso, tanto mais que na Ibéria existiam grandes
relações entre a necrolatria e a astrolatria.
O traballo segue coa relación das xoias prerromanas
atopadas en Portugal, laiándose o autor da ausencia por aqueles días dun manual
arqueolóxico que sistematice e relacione os achados.
Cardozo establece tres zonas diferenciadas. A primeira ao
norte do Douro, constituída polas rexións Entre-Douro e Miño, e Tras os Montes.
A segunda Entre-Douro e o Tejo, e a terceira ao sur do Tejo e sistematiza os
achados en grupos formados por colares, brazaletes, diademas, lúnulas,
arracadas, aneis e outros obxectos de uso non determinado.
(1)
Fonte da
imaxe de Mário Cardozo: www.patrimoniocultural.gov.pt/
(2)
Foto
tesouro. Antónia Lobato