SEIS POEMAS GALEGOS / Federico García Lorca
27 de Nadal do 1935
Editorial Nós, Compostela
Editorial Nós, Compostela
Volume LXXIII
30 p ; 21,5 Cm.
Os Seis poemas galegos de Federico García Lorca, con prólogo de Eduardo Blanco Amor, foron impresos pola editorial Nós na rúa do Vilar de Compostela en decembro de 1935.
As informacións recollidas nesta
entrada e os textos destacados proceden do libro O pórtico poético dos seis poemas galegos de F. García Lorca, do
investigador Luís Pérez Rodríguez. (2)
A importancia dos Seis poemas galegos de F. García Lorca para a literatura galega
cobra extraordinario interese pola universalidade do seu autor, magnificada
polo seu tráxico asasinato, ocorrido o 19 de agosto do 36, o mesmo día da morte
do editor dos poemas, Ánxel Casal, en idénticas circunstancias. Levaban na
fronte unha estrela e no bico un cantar: aí a razón última das súas mortes.
A historia dos poemas galegos de
Lorca comeza en 1931 cando coincidiron Federico e Ernesto Guerra da Cal (3) nun dos actos organizados pola oposición política
nos albores da República.
Foi Ernesto, de entre os amigos galegos, quen exerceu máis influencia en
Federico. Opinión esta reiterada, unha e outra vez, por Blanco-Amor. Federico
sentiuse fascinado por este mozo ben parecido, espigado, intelixente e
apaixonado pola súa terra.
E de feito non poden entenderse estes poemas sen antes falar dos amigos
galegos de García Lorca: Eduardo Blanco Amor
(4) e Ernesto Guerra da Cal, a quen Eduardo atribúe o papel de incitador
poético dos versos de Federico.
Federico, Ernesto e Eduardo |
Lorca visitou Galiza na primavera
de 1932 invitado para impartir varias conferencias e cando regresou a Madrid
xa levaba prefigurado o poema Madrigal â
cibdá de Santiago. (5)
De novo volveu en agosto dese
mesmo ano como director de La Barraca para
representar funcións de teatro na Coruña, Compostela (onde actuou na Quintana),
Pontevedra, Vilagarcía e Ribadeo.
Atrapado polo evocador nome da
Quintana dos mortos, Federico escribiu tempo despois o poema Danza da lúa en Santiago, escollido
polo editor para pechar o volume.
Danza da lúa en Santiago |
!Fita aquel branco galán
olla seu transido corpo!
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos. (...)
na Quintana dos mortos. (...)
Federico acudiu unha vez máis a
Galiza en novembro de 1932 e visitou Pontevedra e Lugo. Daquela xa levaba canda
el o Madrigal, pois Francisco Lamas (6), un dos mozos que recibiron a
Lorca en Lugo e entre os que tamén estaba Álvaro
Cunqueiro (7), conservou o texto autógrafo do poema, revelándose el
mesmo xunto con Luís Manteiga (8) como asesor idiomático do poeta.
Todos eles eran amigos de Ernesto Guerra.
Madrigal â cibda de Santiago |
Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
Ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Santiago, lonxe do sol;
Ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
De volta en Madrid, Lorca visita
a miúdo o faladoiro do café Regina acompañado por Ernesto Guerra e Serafín Ferro (9). Alí coñece os representantes
galegos no parlamento republicano e outros intelectuais galeguistas como Antón Villar, Castelao, Otero Pedrayo,
Suárez Picallo e Ramón Cabanillas. Os poemas galegos de
Federico levedaron nese lugar onde o poeta recadou a substancia necesaria para
darlles forma.
Estes poemas naceron por unha
combinación afortunada de diversos factores: en primeiro lugar debido á
fascinación que Galiza exerceu sobre o poeta; en segundo termo pola amizade
cunha xeración de artistas e escritores galegos entre os que ademais dos
citados estaban Arturo Cuadrado, Luís Seoane, Carlos Martínez-Barbeito, Rafael
Dieste e Feliciano Rolán; pero
sobre todo e principalmente, pola súa amizade con Ernesto Guerra. Por último e
non menos importante, tamén influíu en Federico o coñecemento da tradición
literaria galega desde os antigos cancioneiros medievais até as novidades
presentadas por Amado Carballo e Manuel Antonio.
Outro elemento decisivo na
redacción dos poemas foi a chegada de Eduardo
Blanco Amor a Madrid entre marzo e abril de 1933 como correspondente do
xornal La Nación
de Bos Aires.
Blanco Amor acudía ao café Regina
como todos os galegos residentes na capital e un día de primeiros de maio
coñeceu a Ernesto Guerra por mediación de Ramón Cabanillas. Decontado pediulle
que lle facilitase un encontro con Federico, o cal tivo lugar no café Lyon. Despois
da presentación de Ernesto a relación de Eduardo con Federico colleu un camiño
autónomo.
Lorca viaxou a Bos Aires e
Montevideo entre xaneiro e febreiro de 1934, onde tivo un encontro
significativo cos emigrantes galegos. Alí atopou inspiración para escribir o
poema Cántiga do neno da tenda, onde
retratou mellor ca ninguén, como dixo Blanco Amor, a saudade do emigrante.
Bos Aires ten unha gaita
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa grís boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d’estantes e caixas. (...)
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa grís boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d’estantes e caixas. (...)
Federico xa tiña publicado o
Madrigal en El Pueblo Gallego e
cando volveu a Granada en marzo de 1934, alí agardaba por el Blanco Amor para
teimar en incorporalo á literatura galega. Ao longo deste ano e tamén en 1935
fortaleceuse a amizade entre os dous.
Lorca deixou Granada e volveu a
Madrid decidido a rematar os poemas coa axuda de Ernesto Guerra. Consciente da
relevancia deste feito, Eduardo espallou a nova entre os galeguistas, informado
por Ernesto da evolución do proceso.
Revista Nós nº 137-138 |
A revista Nós nº 137-138 de maio-xuño de 1935 anunciaba o libro entre
as novidades da editorial, anticipando a edición dos poemas.
Blanco-Amor tería, pois, concertado con Ánxel Casal a publicación dos poemas
na Editorial Nós (...) Federico entregaríalle os poemas, como afirma Eduardo Blanco-Amor
no seu artigo en La Hora
de Chile, un día de maio de 1935, na súa casa de Madrid e despois de lerlle
Doña Rosita la soltera.
Xa que logo, segundo sostén Luís
Pérez Rodríguez no seu libro, Eduardo retivo os poemas durante algún tempo
antes de envialos a Nós para darlles a forma definitiva, pero gardando
fidelidade ao espírito lorquiano.
Federico García Lorca me llegó, un día cualquiera de nuestra amistad, con
un puñado de versos gallegos. Todavía traían en lo tierno de su blandor recien
modelado, el movimiento arbitrario de una grafía nerviosa de tachones, curvas y
añadidos (...) Y dijo: «La verdad es que, a pesar de haberme bien leído mi
Curros y mi Rosalía, el gallego lo aprendí en los vocabularios precaucionales
que añades a tus libros de poemas. Debes ser tú, por lo tanto, quien ordenes
éstos y quien los edite y quien los prologue. Y ya está. Y ya se acabó. Y no me
hables más de esto hasta que me traigas el libro» (...) A mi me tiembla la mano
– y el ánima – al ponerla sobre estos versos, que ya nos nacen reliquia, para
echar más allá un acento o traer más acá un desmandado apóstrofo. Pero nada más
que para eso. Toda su naturalidad fue pulcramente respetada. Mi complicidad se
reduce a un leve paso por las ajetreadas cuartillas, con probidad pendolista y
ortográfica. ¡Y que aún esto me sea perdonado! (Prólogo de Eduardo Blanco Amor aos Seis poemas galegos).
Prólogo de Blanco Amor |
Entre o 20 de xuño e o 21 de
xullo de 1935 Eduardo desprazouse de novo a Granada para visitar o poeta na súa
casa.
Blanco-Amor está ó quite e sabe que os Seis poemas galegos de Federico son
unha xogada maxistral para a literatura galega, naquela España do bienio negro.
Unha axuda para a defensa dun republicanismo máis aberto e, sobre todo,
entroncado coa aventura galeguista de plebiscitar a Autonomía galega. Os
galeguistas reciben estas poesías con entusiasmo e de aí o anuncio de Suárez
Picallo de publicalos o 25 de xullo, a «Diada maior», coma unha homenaxe á
cultura galega. Era un xeito de ir contra a dereita recalcitrante e a caterva
de descastados, que, segundo Suárez Picallo, consideraban o galego como
dialecto de xente de baixa condición.
Blanco Amor volveu a Galiza en
setembro e logo de pasar por Ourense e Vigo chegou a Compostela. Nunha carta
enviada o 22 de setembro deu conta a Federico do estado da edición.
Tu libro lo dejé en marcha; y si no hubiera sido por este asunto y por el
proceso que me hizo dejar Santiago a los tres días de llegar, ya estaría listo
para fin de mes.
Blanco Amor encargoulle a Suárez Picallo (10) corrixir as probas de imprenta xunto
con Ánxel Casal e supervisar a
impresión do texto.
Tivemos a ocasión de falar na Coruña, en setembro do 94, con Xerminal Filgueira,
admirador e amigo de Suárez Picallo en Buenos Aires, e deunos outra noticia
sorprendente: o escritor sadense cambiou dúas palabras da copia en limpo de
Blanco-Amor. Polo tanto, minusculamente, Suárez Picallo participaría tamén,
pola porta da amizade con Blanco-Amor, nos Seis poemas galegos.
Finalmente Eduardo deixou España
embarcado con rumbo a Bos Aires o 6 de novembro de 1935. En decembro dese mesmo
ano Ánxel Casal envioulle a García Lorca os primeiros exemplares do libro.
Muy Sr. Mío: Con el último de este año quiero que lleguen a V. los primeros
ejemplares de sus Poemas gallegos. La edición es modesta, como mis medios, pero
está hecho con el entusiasmo de este humilde colaborador del renacimiento gallego
que considera recompensada su labor en el cedístico 1935 sirviendo al mundo la
generosa aportación de V. a nuestra lengua...
O mesmo Blanco Amor aportou novas
revelacións sobre a edición no artigo Federico
otra vez; la misma vez.
Ernesto era un muchacho absolutamente encantador, en facha y espíritu; y
entre los sobrevivientes, y a la par de Eduardo Ugarte (¿dónde andará?),
director adjunto de La Barraca, uno de los que podrían contarnos más cosas de
Federico, por fuera y por dentro, pero no quiere. Y entre ellas, el origen de
los Seis poemas, en lengua gallega, de singular importancia en su lírica
moderna, cuya publicación me encomendó y cuyos originales conservo salvados de
tanta trashumancia. Salieron de una plaquette en 1935, en la Editorial Nós, de
Santiago de Compostela, supervisados y con prólogo del que suscribe; prólogo
suprimido en sus Obras Completas, no sé por qué. El director y propietario de
la editorial, Angel Casal, alcalde de la urbe jacobea, figura entre los
primeros fusilados por los paladines de la cruzada restauradora. Los fondos,
con un centenar de títulos, fueron quemados en la hoguera pública. De la
plaquette se salvaron unos pocos ejemplares, pues apenas se habían distribuido,
esperando que viniera Federico para su presentación, que nunca había de
producirse...
A importancia dos Seis poemas
galegos de Federico García Lorca non radica unicamente na indiscutible calidade
dos versos, senón tamén na decisión tomada polo mellor poeta español
contemporáneo e un dos máis grandes poetas da lingua castelá de todos os
tempos, de escoller o idioma galego para facer a única incursión poética nunha
lingua allea, nun tempo – tanto antes como agora – en que o galego provocaba
indiferenza no mellor dos casos ou mesmo desprezo nas elites galegas.
Para todos eles, os Seis poemas
galegos de Federico García Lorca son unha labazada incuestionable.
SEIS POEMAS GALEGOS
Madrigal â cibdá de Santiago
Romaxe de nosa Señora da Barca
Cántiga do neno da tenda
Noiturnio do adoescente morto
Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta
Danza da lúa en Santiago
Romaxe de nosa Señora da Barca
Cántiga do neno da tenda
Noiturnio do adoescente morto
Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta
Danza da lúa en Santiago
(1)
Fonte da
imaxe de Federico García Lorca:
eldiario.es
(2)
O pórtico poético dos seis poemas galegos de F. García
Lorca. Luís Pérez Rodríguez. Consello da Cultura
Galega. 2ª edición corrixida e aumentada. 1998.
(3)
Ernesto
Pérez Guerra máis coñecido como Ernesto
Guerra da Cal (Ernesto do Sil para García Lorca). (Ferrol 1911-Lisboa
1996). Trasládase con 11 anos a Madrid onde súa nai obtivo praza de mestra. Alí
viviu até os 25 anos.
(4)
Eduardo Blanco Amor. (Ourense 1897-Vigo 1979). Coincidiu con Lorca en Madrid
na primavera de 1933 e mantiveron o contacto até el deixar España en novembro
de 1935.
(5)
Esta foi a
segunda vez que Lorca visitou Galiza. En 1916 percorreuna por vez primeira
acompañando unha excursión escolar.
(6)
Francisco Lamas López. (Lugo 1905-Madrid 1987). Xornalista e escritor. Alcalde
republicano de Lugo en 1936.
(7)
Álvaro Cunqueiro Mora. (Mondoñedo 1911-Vigo 1981). No tempo en que coñeceu a
Lorca, Cunqueiro era membro da escola poética neotrobadorista iniciada en 1933
por Fermín Bouza Brey coa publicación de Nao Senlleira.
(8)
Luís Manteiga.
(Compostela, 1903-1949). Escritor e xornalista.
(9)
Serafín Fernández Ferro. (A Coruña 1912-México 1957). Actor e director teatral.
(10) Ramón
Suárez Picallo. (Sada 1894-Bos Aires
1964). Xornalista e político galeguista. Amigo íntimo de Eduardo Blanco Amor.
simplemente grazas, por ensinarnos tantas cousas. Grazas
ResponderEliminar