Editorial Nós – A Cruña. Avenida de Linares Rivas, 50
Volume XXXVII
110 p ; 20
cm.
O libro de poemas Versos a tres cás
o neto do escritor Euxenio Montes Domínguez, foi impreso por Nós en outubro de 1930 no obradoiro da Avenida
de Linares Rivas da Coruña.Montes foi un escritor e xornalista que escribiu en galego e castelán. A súa obra literaria en galego está composta polos libros: O vello mariñeiro toma o sol, e outros contos (Céltiga, 1922), Tres contos de cegos (1922) e Versos a tres cás o neto. Tamén escribiu o ensaio Estética da muiñeira (Revista Nós, números 13 e 14 (1922) e 15 (1923) – estes foron os tres últimos números da revista publicados en Ourense).
Os poemas están dedicados ao pintor ourensán e membro da xeración Os Novos (1), Cándido Fernández Mazas, quen tamén ilustrou a capa da primeira obra publicada por Euxenio Montes en Céltiga: O vello mariñeiro toma o sol.
Ó Candido Fernández
Mazas que alá en París – 26, rue du faubourg St. Jacques – decía estes meus
versos para que crecese a herba.
A poesía de Montes encádranse na vangarda dos anos vinte, e máis
concretamente está influída polo hilozoísmo de Amado Carballo, bebendo coma el na tradición popular que os poetas
da vangarda procuran renovar.
Tornan as vacas para a aldea;
vacas roxas, vacas mouras
vacas da coor marela.
vacas roxas, vacas mouras
vacas da coor marela.
Xa tiraron do carro mancado,
xa cabelaron c’un arado a terra,
xa deixaron nas augas dos regos,
onde elas beberon, fiiños de estrelas.
xa cabelaron c’un arado a terra,
xa deixaron nas augas dos regos,
onde elas beberon, fiiños de estrelas.
O vello mariñeiro toma o sol |
Neve
Baixan puntas d'estrelas
Bican as corozas e deixan parches nos traxes
Dorm'a neve no colo do outeiro
Telón d'un cine crebándose nos ollos
Store cubrindo o hourizonte
As cuartillas choven pelotas de tennis
Qu'o chegar â terra non queren brincar
A neve chama nas portas c'os cotovelos
A terra é o despacho d'un poeta cuberto de cuartillas que choran
Brinca o sol
A luz da carabiolas
Rin os piñeiros ensinando os dentes
Os espellos están crebados no chao
O azogue roubou dúas áas e fuxe a cabalo do lombo do arco da vella
Bican as corozas e deixan parches nos traxes
Dorm'a neve no colo do outeiro
Telón d'un cine crebándose nos ollos
Store cubrindo o hourizonte
As cuartillas choven pelotas de tennis
Qu'o chegar â terra non queren brincar
A neve chama nas portas c'os cotovelos
A terra é o despacho d'un poeta cuberto de cuartillas que choran
Brinca o sol
A luz da carabiolas
Rin os piñeiros ensinando os dentes
Os espellos están crebados no chao
O azogue roubou dúas áas e fuxe a cabalo do lombo do arco da vella
Entre 1922 e 1930 Montes publicou en diferentes medios – Nós, Rexurdimento, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego, La Zarpa – os poemas reunidos baixo o título Alalás da noite de S. Xoán. O libro non chegou a ver a luz con ese nome, pero algunhas destas composicións apareceron logo modificadas no volume Versos a tres cás o neto. (3)
A partir de 1930 e levado do espírito innovador da vangarda, que en esencia procura substituír o vello polo novo, Montes percorreu un camiño persoal que o afastou dos intelectuais galeguistas. Esta xeira conduciuno a participar na fundación da Falanxe Española en 1933, adheríndose ao fascismo español. Desde ese momento abandonou o uso literario do galego.
Sinopse da obra
Debido
a que as composicións foron escritas ao longo do tempo, o autor procura fornecelas
dunha certa unidade temática e estilística, agrupándoas baixo diferentes
epígrafes. O primeiro deles é Romaxes.
Pol-as corredoiras
que lamben o chau,
as cántigas baixan
collidas da mau.
que lamben o chau,
as cántigas baixan
collidas da mau.
O poeta
recrea a tradición popular nos cinco poemas de Romaxes.
A lúa viña de volta
do San Andrés de Teixido.
Os arbres eran pandeiros,
rugaban, â noite, os grilos.
do San Andrés de Teixido.
Os arbres eran pandeiros,
rugaban, â noite, os grilos.
A lúa viña de volta
do San Andrés de Teixido.
Por atrapala, un luceiro
foi, sin folgos, de camiño.
do San Andrés de Teixido.
Por atrapala, un luceiro
foi, sin folgos, de camiño.
Baixo ponlas de cerdeira
froleceron os seus bicos.
As cereixas eran novas
i-abermelláronse ô oubilos.
froleceron os seus bicos.
As cereixas eran novas
i-abermelláronse ô oubilos.
Xa chegou o vrau. Xa cantan
os mozos de Vilariño.
Lúa chea, lúa chea
ti, lúa, vas ter un fillo.
os mozos de Vilariño.
Lúa chea, lúa chea
ti, lúa, vas ter un fillo.
Ay, que a lúa está
empreñada.
Ay, que está grosa e sin
brilo.
empreñada.
Ay, que está grosa e sin
brilo.
Contos de meigas é un poema animista
escrito en catro tempos, onde a natureza ocupa o lugar dos homes para narrar as
cabalgadas dun fidalgo (o vento) temido polos aforados (as árbores) e a
vinganza dos ofendidos (a brétema) ao tomar a xustiza pola man.
(…) O Vento – cara de prata –
marcha, ôs outeiros choutando,
pra cobrar foro de angurias
i-o laudemio dos carballos.
marcha, ôs outeiros choutando,
pra cobrar foro de angurias
i-o laudemio dos carballos.
Os arbres – malpocadiños –
vanno, humildes, saudando.
Enguruñadas, as follas
marmuran non sei que diaño. (…)
vanno, humildes, saudando.
Enguruñadas, as follas
marmuran non sei que diaño. (…)
A Biografía do liño recrea en cinco
poemas a vida da herba: Cantiga de
espadelada, Bautizo, Namoro, Morte e Enterro.
Ehí ven o tempo de mazar o liño.
Ehí ven o tempo do liño mazar.
Ehí ven o tempo en que as follas do millo.
Todas espidas se queiran bañar. (…)
Ehí ven o tempo do liño mazar.
Ehí ven o tempo en que as follas do millo.
Todas espidas se queiran bañar. (…)
Briznas de vento reúne sete
poemas onde Montes fala con saudade da natureza: Alalá de Ribadavia, Serán,
Camiño, Brétema, Río, Semana Santa na ría e Don Galán.
Nas debesas dos fumos
as machadas do vento.
I-a serán – vella velliña
cruza, levando ôs ombreiros
feixes de chuvia e de friaxe
pra que se quente o silenzo. (…)
as machadas do vento.
I-a serán – vella velliña
cruza, levando ôs ombreiros
feixes de chuvia e de friaxe
pra que se quente o silenzo. (…)
Deseguida
os cinco poemas de Antoloxía de salayos
– Tatuaxe; camiño, vento, río; Nouturno;
Madrigal; Adeus – fálannos dun amor lene e poético, apenas insinuado.
A noite, como un guardia,
acádanos na esquiña.
O arbre está calado
como a túa mau i-a miña.
acádanos na esquiña.
O arbre está calado
como a túa mau i-a miña.
Inyeuciós do silenzo
máis doces que a morfina.
Cosen carnes de sombra
con mil agullas vivas.
máis doces que a morfina.
Cosen carnes de sombra
con mil agullas vivas.
Adeus. Remo no río
de esas verbas non ditas.
(Os anxos forman cola
pra coller o tranvía).
de esas verbas non ditas.
(Os anxos forman cola
pra coller o tranvía).
Postaes das vilas rende homenaxe
a tres lugares: Compostela, que
inclúe os poemas Pardaus e A morte do silenzo; Corcubión e Ourense, cos poemas Miño
e Rua de don Juan de Austria.
Os pardaus queren casarse
co-a vila de Compostela.
Gallas en frol de campanas
amañecen nas fenestras.
co-a vila de Compostela.
Gallas en frol de campanas
amañecen nas fenestras.
Os pardaus queren casarse,
que van de ruada â eigresia.
que van de ruada â eigresia.
A xeira
do ano está recollida nos catro poemas do Calendario.
PRIMAVEIRA
Eu, e mais o arbre, escrebimos
cartas con merlos de urxencia,
os dous, a un tempo, pedímoslle
unha cita â primaveira. (…)
Eu, e mais o arbre, escrebimos
cartas con merlos de urxencia,
os dous, a un tempo, pedímoslle
unha cita â primaveira. (…)
VRAU
Quen ten ceifa nas eiras, mediodía,
si está co-a boca aberta dormindo a siesta â ría. (…)
Quen ten ceifa nas eiras, mediodía,
si está co-a boca aberta dormindo a siesta â ría. (…)
OUTONO
Farto de non ser nada, Deus meteuse a tendeiro.
Cando lle mercan os días sabe roubarlle ô peso. (…)
Farto de non ser nada, Deus meteuse a tendeiro.
Cando lle mercan os días sabe roubarlle ô peso. (…)
INVERNO
A neve veu decindo que ela non resbalaba,
i-está no chau. A todos os arbres caille a baba. (…)
A neve veu decindo que ela non resbalaba,
i-está no chau. A todos os arbres caille a baba. (…)
O libro
remata cun monllo de sete poemas diversos, precedidos dunha folla en branco onde
debería constar o título do epígrafe, no que semella ser un erro de impresión.
En xeral, estes son os versos máis innovadores.
ELEXÍA
Ó LUIS AMADO CARBALLO
Ti levabas a morte como o ollo leva o
branco,
ou cecais como o dedo leva a uña, â medida.
Cada día limpábala co polisoir do ocaso
pra poderte ollar nela, cal Combarro na ría.
ou cecais como o dedo leva a uña, â medida.
Cada día limpábala co polisoir do ocaso
pra poderte ollar nela, cal Combarro na ría.
Luís Amado Carballo. É pra tí esta elexía,
que eu ben sei que ô xantar pedías dous palillos.
Cando chegou a carta – na maleta a sorrisa –
fuches depresa sábado a atrapar o domingo.
que eu ben sei que ô xantar pedías dous palillos.
Cando chegou a carta – na maleta a sorrisa –
fuches depresa sábado a atrapar o domingo.
(1) A esta xeración dos anos trinta tamén pertencen, entre
outros, Maside, Colmeiro, Laxeiro ou Seoane. Procuran crear unha pintura
representativa de Galiza que supere o enxebrismo anterior, pero sen romper coa
tradición.
(2) Vinte
poemas galegos de Euxenio Montes non recompilados. Antón Capelán Rei.
(3) Ibidem anterior. Noite de «San Xuán», «Canta o sol
verdecente entre o carballo» e «Romace ô mar» todos eles publicados en xaneiro
de 1923 na revista Rexurdimento de Betanzos. «Morre o silenzo en Santiago»
publicado en El Pueblo Gallego en xullo de 1930.
Estimado Xabier: Le felicito por este interesante artículo. Hace tiempo que busco Versos a tres cás o neto, sin éxito. ¿Sabe si está digitalizada esa obra en alguna página? Muchas gracias. Un saludo.
ResponderEliminarBoa tarde, Lydia. Lamento non poder axudala. Descoñezo se a obra está dixitalizada, pero supoño que non porque non resulta doado atopar as obras de Nós dixitalizadas, agás os boletíns da revista
ResponderEliminarHola, Xabier: Muchas gracias por tu respuesta. Me gustaría hacerte alguna consulta más. ¿Es posible escribirte a alguna cuenta de correo? Muchas gracias. Un saludo.
ResponderEliminarPodes deixar aquí o teu mail. Logo hei borralo e contactarei contigo
ResponderEliminar