COMO NASCEU A
CIDADE DE OURENSE / Florentino López Cuevillas
1934
Nós. Pubricacións Galegas e Imprenta, Rua do Vilar, 15. Santiago
Nós. Pubricacións Galegas e Imprenta, Rua do Vilar, 15. Santiago
10 p ; 26 Cm.
O traballo forma parte do catálogo de publicacións do Seminario de Estudos Galegos e previamente foi editado no número dobre 124-125 do boletín Nós, correspondente á xeira abril-maio de 1934.
O autor sinala no estudo que os numerosos achados arqueolóxicos identifican preto de Ourense a vía romana que unía Bracara coa Astúrica.
Coincidían naquel lugar do val miñoto tres
circunstancias favorabeis por nacimento dun casar e pro seu ulterior medro e
desenrolo. Había alí o paso dunha estrada imperial de certa importancia, había
un empalme de camiños e había por cabo o cruce dun río tan considerabele como é
o Miño.
Nós nº 124-125 |
Presta verosimilitude a este suposto, en
primeiro lugar, a presencia da vía secundaria que dende as Aquis Querquenis
marchaba ao parescer cara Lugo, e cuio paso dunha banda a outra do Miño queda
testemuñado pol-o miliario de Gustei.
A vella relixión honraba as fontes, e máis tratándose de fontes volcánicas coma esta, establecendo nelas os seus cultos anteriores á chegada dos romanos a Galiza. Nelas moraban os deuses do pobo. E Boa proba de que o xenio autóctono das Burgas sobreviviu adaptándose aos novos tempos é a localización dunha ara aparecida preto do manancial en honor ás ninfas. Aínda na época do autor o folclore recollía rituais máxicos como lavarse nas Burgas durante as festas do Corpus e noutras celebracións relixiosas.
E xa entón o fondo daquela corga da Barbaña
onde gurgullaba unha fonte termal e vivía un numen, era decerto un lugar de
pelerinaxe (...) e os habitantes destes castros proisimos deberon seren os que
con maior asiduidade viaxaron como romeiros en precura das Burgas.
A formación deste nucreos urbáns ao pé dos
manantiaes con virtudes curativas é un fenómeno que se presenta na terra galega
cunha forza e cun caraiter tal de xeralidade que obriga a precurarlle unha raíz
indíxena e a escruir todo infruxo decisivo do pobo conquistador.
Todos os achados da época romana e a escasa toponimia que sobreviviu localízanse nun radio de dous centos metros arredor das Burgas. E non obstante no existe evidencia de construcións suntuosas, polo que cabe pensar que o vilar desta época estaba constituído por humildes casas rurais.
Anos máis tarde Carriarico edificou sobre este casal romano unha igrexa dedicada a San Martiño, no lugar ocupado actualmente por Santa María a Nai, e ao carón daquela igrexa comezou a desenvolverse a cidade sueva pola vertente da Barbaña. Posteriormente construíuse a nova catedral, orixinando outro núcleo románico, e por último a edificación de Santo Domingo e as casas fidalgas marcan o desenvolvemento cara ao norte.
As Burgas souperon atraguer a sí, denantes
de que se construiran a vía e a ponte, as primeiras manifestacións urbás, e por
elo na criación da cidade interviron un faitor feminino, a fonte termal que
determiñou o lugar do seu nascimento, e un faitor masculino costituido pol-a
situación xeográfica, o camiño e a ponte, que fecundou a célula primixenia,
quen por sí soia non chegaría acadar nunca arxila vital. E por iso mesmo
poderíanse tidoar as presentes páxinas. “Ensaio biolóxico sobre o Ourense
primitivo”.
(1) Fonte da imaxe de Florentino
López Cuevillas: lavozdegalicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario