martes, 15 de agosto de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 16



Cabanillas escribe a Enrique Peinador dándolle conta dos apoios reunidos para promover a súa candidatura como representante do idioma galego na Academia Española.

Cambados 27-11-1927

Sr. D Enrique Peinador
 
Mi querido Enrique:

Hoy estuvo aquí Millán de regreso de Santiago, en donde firmaron Amor Ruibal, Portela Pazos, Cadarso, Novoa Santos, etc.

Lo pasmoso es que Cotarelo firmó también, que le hizo a Millán un elogio mío estupendo y que le dijo que pasado el día 10, en que seríamos elegidos, pondría especial empeño en mostrarme toda su correspondencia referente al asunto, que demostraba plenamente que mi candidatura no tuvo más entusiasta panegirista que él.

Bueno: todo ello es para contar con calma.

Mañana 28, Millán entregará el pliego a Raymundo para que este lo remita a Madrid.

Mi impresión ahora es optimista: aquí, en donde han procurado enterrarme por todos los medios, tienen la seguridad del triunfo. Ya no sé qué pensar…

Te abraza tu más devoto amigo

Ramón


Con toda probabilidade, Cabanillas está a falar de Isidoro Millán (1), político e amigo de vello do poeta, quen participou activamente na promoción da candidatura.

Isidoro Millán acudiu a Compostela para recadar as sinaturas de Ángel Amor Ruibal (2), Salustiano Portela Pazos (3), Alejandro Rodríguez Cadarso (4) e Roberto Nóvoa Santos (5), entre outros.

O outro representante da lingua galega elixido como membro da Academia foi Armando Cotarelo Valledor, quen competiu co poeta pola designación e, sorprendentemente a xuízo de Cabanillas, dixo ter actuado en prol da candidatura do cambadés.

O proceso de elección foi convulso e como proba diso destaca a última afirmación: aquí, en donde han procurado enterrarme por todos los medios, tienen la seguridad del triunfo.

Os amigos de Cabanillas – Marqués de Figueroa, Sánchez Cantón, Isidoro Millán – foron máis poderosos que os detractores, os cales mesmo chegaron a argallar unha campaña pública para impedir a elección.

A persoa designada para entregar o prego de apoio en Madrid foi Raimundo Riestra (6).

(1)  Isidoro Millán Mariño (Pontevedra, 1890 – 1983). Deputado polo Partido Republicano Liberal Demócrata e xornalista.
(2)  Ángel María José Amor Ruibal (Barro, 1869 – Compostela, 1930). Cóengo da catedral de Compostela, teólogo, lingüista e historiador.
(3)  Salustiano Portela Pazos (Cotobade, 1877 – Compostela, 1976). Cóengo da catedral de Compostela e historiador.
(4)  Alejandro Rodríguez Cadarso (Noia, 1887 – Lubián, 1933). Médico e deputado pola ORGA. Reitor da USC.
(5)  Roberto Nóvoa Santos (A Coruña, 1855 – Compostela, 1933). Médico e profesor universitario.
(6)  Raimundo Riestra Calderón (Pontevedra, 1882 – A Toxa, 1967). Segundo marqués de Riestra. Deputado, banqueiro, subsecretario do goberno e director do xornal La Correspondencia Gallega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario