venres, 15 de setembro de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 18



Cabanillas non é quen de avanzar na redacción do discurso de ingreso na Academia Española, comezado en 1927 e que agora, en marzo de 1928, segue sen rematar. Non será esta a época máis produtiva do poeta e aínda empregará outro ano en concluílo.

Sr. D. Enrique Peinador Lines

De regreso de Coruña, en donde estuve viernes y sábado, hallo tu cariñosa carta.
Recibiera “Los Precursores” y la hoja de “La Temporada” y, de veras, creí que te acusara recibo.

Te devuelvo las pruebas y mandaré la notita a la prensa: ya comprenderás con que inmensa satisfacción.

Me dices unas cosas… ya sabeis que yo sueño con Mondariz, que es el trozo de tierra gallega que mas quiero, aunque éste tenga para mi todo el encanto de ser el natal. No estoy ya ahí porque no quiero presentarme sin el discurso ya trazado y para última mano.

Estos días – lo terminaré dentro de tres o cuatro. – estoy con el proyecto de organización de una Oficina provincial de Turismo, que me encargó Vicente y en el que también está interesado La Sota: razonaré la conveniencia del organismo, la manera de nutrirlo de los imprescindibles ingresos, (en grande, porque recortar ya lo recortarán ellos) y daré relación de las entidades y funcionarios que habrán de integrarlo: claro que entre las primeras estará Mondariz. Lo haré por duplicado y te mandaré una copia: aparte detalles, creo que te gustará.

De todos modos iré a verte muy pronto.

A fines de semana tendrás ahí el proyecto y te escribiré extensamente.

Un abrazo a todos esos buenos amigos que recuerdo constantemente.

Mi afecto cordial, vivo y hondo, para ti.

Teu irmán

Ramón

Cambados

18 Marzo


A carta fala en primeiro lugar do exemplar do libro Os Precursores e a folla da revista A Temporada con datos sobre Pondal, solicitados a Peinador e que este enviou a Cambados, onde reside Cabanillas.

Sabemos que por este tempo o poeta andaba a voltas co texto e non conseguiu rematalo até os meses de abril ou maio de 1929, pouco antes de presentalo diante da asemblea da Academia Española.

Outro asunto menos coñecido e que confirma a carta, foi a participación de Cabanillas no deseño da Xunta de Turismo de Pontevedra, da cal dependía a oficina turística inaugurada en agosto de 1929 no baixo do número 23 da rúa Michelena.

Vicente, o principal impulsor da idea, é Vicente Riestra Calderón, marqués de Riestra, deputado na Restauración e político franquista, casado cunha filla de Ramón Peinador, irmán de Enrique.

Outro dos impulsores da oficina foi Daniel de la Sota Valdecilla, presidente da Deputación de Pontevedra entre 1924 e 1930.

Como dato anecdótico cómpre dicir que o primeiro secretario da Xunta Provincial de Turismo foi o mozo Filgueira Valverde, entre 1929 e 1932.

Precisamente, foi neste período cando escribiu a célebre Guía de Pontevedra, publicada en 1931.

Os balnearios da Toxa, Cuntis, Mondariz e Caldas apoiaron economicamente a constitución da Xunta, da cal formaron parte, entre outros, e ademais de Filgueira; Vicente Riestra e Enrique Peinador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario