domingo, 1 de outubro de 2017

Carta de Ramón Cabanillas 19



Cabanillas viaxa a Madrid en xaneiro de 1929 coa intención de illarse dos compromisos para rematar o discurso de ingreso na Academia Española, pero en febreiro regresa a Galiza onde debe asistir á cerimonia de ingreso de Vicente Risco na Academia. Apenas faltan tres meses para a súa propia toma de posesión e non consegue rematar o discurso de aceptación.

17 Febrero 1929

Cambados

Sr. D. Enrique Peinador

Mi querido Enrique:

Cuando recibí tu telegrama acababa de recibir otro de Eladio en que me dice que la sesión de ingreso de Risco será en la tarde del sábado 23. Desde luego en Coruña y supongo que entre siete y ocho. El local no lo se pero seguramente será o en el palacio municipal y locales de la Academia o en el salón del Recreo de Artesanos.

Yo estoy terminando el discurso de contestación – unas cuartillas sobre la labor de Vicente que no pasarán de 15 minutos de lectura, porque el de él es una cosa muy bonita pero muy larga y, aún que no lea las notas, le ocupará cerca de una hora o tal vez mas.

Me alegraría mucho de que fueses ese día y a la vuelta hablaríamos con Isidro. Si vas el mismo 23 podría yo acompañarte desde Santiago en donde estaré a las 12 del día.

Te abraza tu buen amigo

Ramón

Volví a tener la gripe, aunque benigna


Vicente Risco tomou posesión como académico de número da Academia Galega o 23 de febreiro de 1929 a proposta, segundo informa a propia institución, de Manuel Murguía, Eladio Rodríguez e Manuel Lugrís.

Na cerimonia de recepción leu o discurso: Un caso de lycantropía, editado posteriormente en 1971 pola imprenta Moret na Coruña, onde desenvolve o caso de Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz, e, por extensión, o folclore mitolóxico da licantropía en Galiza.

O acto celebrouse no salón da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, na Coruña, presidido por Eladio Rodríguez González, a quen acompañaron os académicos Carré Aldao, Lugrís Freire, Maciñeira Pardo, Cabanillas, Ánxel del Castillo e Martínez Morás.

Tamén asistiron, entre outros, Enrique Peinador, Antón Villar, Leandro Carré e María Barbeito.

Cabanillas respondeu en nome da Academia cunha intervención certamente curta, apenas catro páxinas, glosando a evolución que levou a Risco desde o orientalismo até o nacionalismo, loando os traballos etnográficos porque, como afirma nun dos parágrafos do discurso: Con empeño afervoado recolléu canto se refire â nosa mitoloxía, seguro de que o mito e sempre a cortiza que cobre unha verdade étnica”.

Despois do acto, Cabanillas pretendía visitar en Compostela a Isidro Parga, xenro de Peinador e parente de Eduardo Pondal, coa intención de informarse sobre algúns aspectos da vida do poeta para incorporalos ao discurso de ingreso na Academia Española titulado: Un recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario