SER
Semanario Gallego de Izquierdas
Director. Ramón Suárez Picallo
Redacción e administración. Rúa do Vilar, 15. Santiago
8 p ; 35 Cm.
Ramón
Suárez emigra a Bos Aires en 1912 con dezaoito anos e mentres traballa en
oficios como mozo de almacén, lavalouzas ou vendedor ambulante, procura fórmase
de xeito autodidacta nas bibliotecas populares dos centros obreiros. Coa
chegada da ditadura de Primo de Rivera, adopta a ideoloxía nacionalista de
esquerdas influído por Eduardo Blanco Amor. En 1930 asiste como
representante das Sociedades Galegas á xuntanza na Coruña para a
redacción do estatuto de autonomía. Obtén a acta de deputado e, logo de perdela
na seguinte lexislatura, cursa o bacharelato en Lugo e a licenciatura de
dereito en Compostela. Durante estes últimos anos dirixe o semanario
SER e de novo, en febreiro de 1936, sae elixido como deputado polo Partido
Galeguista e marcha ao exilio en 1939.
O semanario SER, editado pola imprenta Nós en Compostela, apareceu en marzo de 1935 e distribúe o número 39, último da serie, en xaneiro de 1936.
SER é o continuador
do semanario Claridad, impreso tamén por Nós e vinculado á esquerda
republicana, dirixido por Luís Manteiga entre os anos 1933 e 1934, chegando
a imprimir 24 números.
SER tiña unha tiraxe
de 500 exemplares e nel conviven o castelán, como linguaxe principal e o
galego, empregado polos colaboradores nas columnas de opinión, moitas delas escritas
baixo pseudónimo ou sen sinatura.
O xornal pretende ser o voceiro da Galiza democrática, republicana e autonomista e desde as súas páxinas promove a autonomía integral de Galiza inserida nunha república democrática e laica. Tamén denuncia o caciquismo e promove a concordia das esquerdas, sen matices, co obxectivo de aniquilar as forzas reaccionarias.
No
xornal colaboran, entre outros, Eduardo Blanco Amor, Roberto Blanco Torres,
Álvaro de las Casas, Ánxel Fole, Francisco Fernández del Riego, Víctor Casas,
Luís Manteiga, Lois Peña Novo, Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda e Antón
Villar Ponte e os artistas Castelao, Luís Seoane, Colmeiro e Maside.
El espíritu de la República desaparece bajo la piqueta demoledora de la Reacción. Las falanges enemigas del régimen se adentran por él a cada nueva hora para mantener el chantaje político que tal significa la desvirtuación del sistema nacido el 14 de abril de 1931. Es urgentísimo el destronamiento del tinglado de la farsa que se ha montado. Necesítase acabar con el afán morboso de romper y de derribar, que guía a las derechas gubernamentales. Para ello demos el paso definitivo, preciso para la unión de todas las izquierdas republicanas. Por la República que soñamos! Por el imperio de la democracia! Por una Galicia autónoma y con matiz universal!
SER, 25.
6 de outubro de 1935
Ningún comentario:
Publicar un comentario