CÁNTIGAS
POPULARES DA AROUSA (Primeira Serie) / Bouza Brey, Fermín
Marzo de 1931
Marzo de 1931
Nós, Pubricazóns Galegas e Imprenta. Linares Rivas, 50. A Cruña
56 p ; 24
cm.
Esta separata exenta tamén foi incluída no terceiro volume dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, editado por Nós en 1930.
Bouza Brey, escritor versátil e non obstante especializado nos estudos etnográficos e arqueolóxicos, defende na introdución desta obra a necesidade de recompilar a poesía popular de Galiza atendendo a clasificacións específicas, pois “tan sô facendo a recolleita por localidades ou bisbarras pódese chegar a un coñecemento aproisimado do que a i-alma nosa a se deitar en cántigas n-un intre dado pode proporcioar”.
O autor deixou tamén exemplos destas pescudas locais no Cancioeiro das ribeiras do Tea, traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos lido por Bouza o 2 de outubro de 1928 (2) ou no Folklore de San Andrés de Somoza, concello da Estrada, en Terra de Tabeirós (3), entre outras.
Revista Nós nº 93 / Suplemento Nós nº 4 |
De feito, na sección periódica: Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza incluída na revista Nós desde 1921, participaron diferentes autores e serviu para documentar estas pescudas.
Todas estas recompilacións conservan a espontaneidade da fala e lévannos a través do tempo até un mundo desaparecido, que aínda podemos atinxir grazas ao labor destes investigadores. Ramón Cabanillas expresou o mesmo devezo na súa Antífona da Cantiga (Galaxia, 1951):
Conservóunos a copla as verbas máis
fermosas e os xiros máis enxebres e espresivos. Son coadros en vivenza, en ela
atopamos os costumes vernáculos tan dóces ó noso corazón, ademiramos con
ledicia e saudade os paisaxe amados e vemos rebulir os tipos representativos da
raza.
Escolma
A Arousa é unha rexión de fortes vivires,
mariñeira e labrega a un tempo, constituída non somente pol-as terras que
veirean a Ría do seu nome senón tamén pol-as ínsuas poboadas, rexión na que o
folklore presenta unha variedade de temas e unha rápida sucesión de motivos
dificultosos de topar n-outras bisbarras do noso chan.
Bouza
agrupa as cantigas por temas. Ademais, o texto inclúe o lugar da colleita.
AMEAZA AMOR
Anque me poñan ô frente Unha vez caín no río
artillería volante outra vez caín no mar
e a teu pai de artilleiro outra caín nos teus brazos
teño de seguir adiante. non me puiden levantar.
(Vilagarcía) (Vilagarcía)

ANIMALES E PRANTAS CANTAR
E BEILAR
O paxaro de María Deprendéronme a cantar
anda nas miñas cireixas: as neniñas de Rianxo,
Come, paxariño, come deprendéronme a cantar
veremos as que me deixas. indo pol-o mar abaixo.
(Taragoña) (Rianxo)
O paxaro de María Deprendéronme a cantar
anda nas miñas cireixas: as neniñas de Rianxo,
Come, paxariño, come deprendéronme a cantar
veremos as que me deixas. indo pol-o mar abaixo.
(Taragoña) (Rianxo)
CASAMENTO COALIDADES
Eu caseime por un ano Zapatiño de unha sol
por saber que vida tiña; logo lle cai a biqueira.
o ano vai acabando Ten coidado miña nena,
quen me dera solteiriña! non caer a vez primeira.
(Vilagarcía) (Taragoña)

CONSOLOS COSTUMES
Anque miña nai é probe, De onde vés, Carmela
- viva el sol viva la luna - Veño do regueiro
anque miña nai é probe de laval-a roupa
non é deshonra ningunha. do meu mariñeiro.
(Godos) (Vilagarcía)
Anque miña nai é probe, De onde vés, Carmela
- viva el sol viva la luna - Veño do regueiro
anque miña nai é probe de laval-a roupa
non é deshonra ningunha. do meu mariñeiro.
(Godos) (Vilagarcía)
DESAFÍO DESPEDIDAS
Ofrecécheme unha tunda Vámonos de aquí que é hora
choqueira de Redondela; que o camiño das estrelas
ofrecécheme unha tunda vai guiando â feira nova.
agora veño por ela. (Boiro)
(Sta. Euxía de Ribeira)
Ofrecécheme unha tunda Vámonos de aquí que é hora
choqueira de Redondela; que o camiño das estrelas
ofrecécheme unha tunda vai guiando â feira nova.
agora veño por ela. (Boiro)
(Sta. Euxía de Ribeira)
DESPREZOS E DESDÉNS DEVOZÓNS
O cariño que che teño Nosa Virxen da Lanzada
cabe n-unha mau cerrada; que altiña que se foi pôr;
nin é pouco nin é moito dalle o aire, dalle o vento,
tanto é que non é nada. dalle o mar pol-o arredor.
(Cespón) (Noalla)

HUMORISMO E BULRA MALQUERENZA
O crego que che casou Non faledes mal dos homes
debía de estar borracho que eu tamén lles quero ben,
porque non che preguntou ¡quén mos dera ver a todos
si eras femia ou eras macho. n-unha pipa de alquitrén!
(Vilagarcía) (Palmeira)

MORMURAZÓN OFICIOS
O río cando vai cheo Teño lanchas, teño redes
leva carballos e follas e teño peixe no mar,
tamén debía levar teño unha moza bonita,
as língoas mormuradoras xa non quero traballar.
(Vilagarcía) (Rianxo)
O río cando vai cheo Teño lanchas, teño redes
leva carballos e follas e teño peixe no mar,
tamén debía levar teño unha moza bonita,
as língoas mormuradoras xa non quero traballar.
(Vilagarcía) (Rianxo)
PETITORIOS PICARDÍA
E SÁTIRA
Dáma, miña prima, dáma, O cura de San Martiño
dáma que non é pecado, éche moi bô confesor
dame unha hachiña de lume que confesou â criada
para encender o cigarro. debaixo do cobertor.
(Vilagarcía) (Palmeira)
Dáma, miña prima, dáma, O cura de San Martiño
dáma que non é pecado, éche moi bô confesor
dame unha hachiña de lume que confesou â criada
para encender o cigarro. debaixo do cobertor.
(Vilagarcía) (Palmeira)
PORCAS PROMESAS
Unha vella nun corral Heicho de dar, queridiña,
bota un peido mata un porco heicho de dar que o teño,
si non chegan a acudir heicho de dar, queridiña,
mata galiñas e todo. o anelo para o dedo.
(Vilagarcía) (Vilagarcía)
Unha vella nun corral Heicho de dar, queridiña,
bota un peido mata un porco heicho de dar que o teño,
si non chegan a acudir heicho de dar, queridiña,
mata galiñas e todo. o anelo para o dedo.
(Vilagarcía) (Vilagarcía)
QUEIXAS REFLEISIÓNS
Dios che me dea pacencia Púxenme a considerar
con esta miña muller que poucos amigos ten
que non fai o que eu lle mando o que nada ten que dar.
e que fai o que ela quer. (Palmeira)
(Vilagarcía)
Dios che me dea pacencia Púxenme a considerar
con esta miña muller que poucos amigos ten
que non fai o que eu lle mando o que nada ten que dar.
e que fai o que ela quer. (Palmeira)
(Vilagarcía)
RONDADORES XEOGRAFÍA
Si queres que vaia e veña Aldeíña de Loimar
meniña ô teu lugar toda ela é costas arriba,
has de prender â cadela a i-auga que nela nace
que non fai senón ladrar. que boas rapazas cría!
(Carril) (Bealo)
Si queres que vaia e veña Aldeíña de Loimar
meniña ô teu lugar toda ela é costas arriba,
has de prender â cadela a i-auga que nela nace
que non fai senón ladrar. que boas rapazas cría!
(Carril) (Bealo)
(1) Fonte da imaxe de Fermín
Bouza Brey: www.carloscallon.com
(2) Cancioeiro
das ribeiras do Tea. Fermín Bouza Brey
e Luís Brey Bouza. Seminario de Estudos Galegos, Seizón Folk-lórika. Editorial Nós,
23 de marzo de 1929. A
Coruña. Cancioeiro das ribeiras do Tea.
Revista Nós nº 63. Editorial Nós, 15 de marzo de 1929 / Suplemento nº 4 da revista Nós. Editorial Nós, marzo de 1929. A Coruña.
(3) Arquivo
filolóxico e etnográfico da Galiza.
Revista Nós, nº 93. 15 de setembro de 1931.