ENSAYOS Y
POESÍAS / Viqueira, Johán Vicente
6 de agosto de 1931
6 de agosto de 1931
Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta. Hortas, 20 –
Santiago
268 p ; 18
cm.
Non obstante, o libro foi confeccionado dacabalo entre A Coruña e Compostela, pois se ben na presentación consta o enderezo de Linares Rivas, nº 50 na Coruña; o colofón indica que o libro saíu do prelo na rúa das Hortas, nº 20 en Compostela.
As cubertas, feitas con cartón duro, levan a inscrición de Encuadernación Calleja, na rúa Campomanes, nº 3, en Madrid. Con toda seguridade, o texto impreso por Nós foi encadernado posteriormente polos patrocinadores da obra.
O libro de Viqueira sería un dos primeiros en ver a luz no novo local de Nós en Compostela. (2)
O 16 de maio de 1931, asina Casal un
substancioso contrato co SEG para imprentar unha das obras cume da institución
compostelá, o monográfico dedicado a Melide.
O contrato seguro dos 500 exemplares, e a probabilidade de redondear uns ingresos precisos, coa impresión de separatas e outras obras do SEG, pesa indubidablemente na súa marcha a Compostela. (3)
O contrato seguro dos 500 exemplares, e a probabilidade de redondear uns ingresos precisos, coa impresión de separatas e outras obras do SEG, pesa indubidablemente na súa marcha a Compostela. (3)
Coido que desde que nacín tiven contacto
con Casal. O meu pai era íntimo de Casal; colaboraba con Casal desde os anos
20. O meu pai facíalle as portadas dos libros. Había unha intimidade e compenetración
grande entre os dous. Logo, cando meu pai no ano 1931 se vai co Coro de Ruada
para América, e volve despois de abril, logo de se proclamar a República … Ben,
nós daquela viviamos na rúa das Hortas número 20. E, logo meu pai alugou unha
casa pequena na rúa de Carretas e fomos vivir para alá e a nosa casa das Hortas
deixoulla a Casal para montar a imprenta. (4)
Unos cuantos íntimos de Juan Vicente
Viqueira, al recoger en un volumen algunas de sus obras inéditas con otras
dispersas, nos proponemos dedicar esta ofrenda a su memoria y acercar, cuando
el autor nos falta, sus últimas páginas, a un círculo reducido de lectores
amigos. Con ellas en la mano hemos de ver destacar, en su labor interrumpida
tan pronto, las dotes de aquel espíritu señero.
Sinopse da obra
Recoge este libro diversos legados de la
actividad espiritual de Vicente Viqueira. Algunos son conferencias pronunciadas
en La Coruña
sobre cuestiones pedagógicas o artísticas; otros artículos de variada índole
aparecidos en A Nosa Terra, órgano coruñés del galleguismo; otros son versos
íntimos, sólo destinados a personas queridísimas; otros semejan fragmentos y
bosquejos de trabajos que en vano han de esperar eternamente su último perfeccionamiento.
REFLEXIONES SOBRE NUESTRA ÉPOCA. Reflexión
filosófica sobre a posición do espírito humano diante da vida, que Viqueira resume
en tres actitudes: acción, coñecemento e fuxida.
LA
FILOSOFÍA DEL
PRESENTE. Análise das correntes filosóficas modernas que
conforman o substrato da filosofía actual caracterizada por ser crítica e
metafísica.
El hombre capaz de vivir con valor nuestra
época lo ha de formar la educación. Nuestra época ansía cambio, actividad,
creación, ir más allá, vivir con fuego infinito. No puede desear una vieja
educación mecánica y pobre, de libros; se aprende por la vida, es aquí la
palabra. Giner de los Ríos creador.
Y en este cambio incesante vamos al infinito. Representantes de la inquietud: Ortega. Vivamos con orgullo el presente.
Y en este cambio incesante vamos al infinito. Representantes de la inquietud: Ortega. Vivamos con orgullo el presente.
TRES NOTAS SOBRE LA RELIGIÓN.Para Viqueira a esencia da relixión é o rito: a acción que afirma
a nosa comunicación coas potencias superiores.
Las religiones positivas pueden hacer sólo
su misión reduciéndose al elemento propio religioso, a la comunicación con Dios
(serían sólo diversos ritos) y abandonando toda preocupación extraña; por
ejemplo, política…
INMORTALIDAD. Notas encol da historia do
pensamento filosófico sobre a inmortalidade.
FILOSOFÍA Y VIDA. A filosofía
como loita titánica por abranguer o Ser.
ACCIÓN. Invitación filosófica á loita diante das dificultades.
EXALTACIÓS (Prosas líricas). Baixo este
apartado reúnense sete textos, algúns deles publicados en A Nosa Terra: Alma
gallega, ¡Ser o no Ser!, A nosa Lingua, O campo e a cidade, Libertade, Autonomía,
Esforzo.
Galegos, amade, cultivade o rico tesouro da
nosa língua. So falando-a seredes libres, ja que o home sen raza é unha
abstracción.
O QUE PRECISA A NOSA JUVENTUDE. O autor apela
ás novas xeracións para que abracen o idealismo e tomen partido polo presente.
MIÑA GALICIA. “Miña
Galicia non é a que foi, é a que será; non é a d’onte, é a de mañán”.
ALMA. Reivindicación da alma colectiva de Galiza.
DIÁLOGO TRASCENDENTAL. Serve a
Galiza quen traballa pola súa prosperidade.
DIVAGACIÓS ENGEBRISTAS. Conferencia
pronunciada durante a inauguración da exposición das obras de Castelao na
Coruña en 1920.
PENSAMENTOS. Dedicado á memoria de Lois
Porteiro Garea.
O NAZONALISMO JURDINDO. Proclama da
morte do rexionalismo “d’orfeón e ripios”, que
as Irmandades substitúen polo nacionalismo.
O DÍA DE MAÑÁN. O autor defende o federalismo
republicano, afirmando que xa non cabe agardar nada do rexionalismo
conservador.
NACIONALISMO E SOCIALISMO. O autor
expresa o seu credo ideolóxico.
A NOSA ESCOLA. A escola debe ser o centro
cultural galego e debe formar a base sobre a que asentar o progreso.
O GALEGO NA ESCOLA. Viqueira fala
da necesidade de introducir o galego na escola. “O
primeiro paso para que o galego apareza na escola ha de consistir en que o
mestre non prohiba ôs rapaces ou rapazas a expresión do pensamento expontáneo”.
NOSOS PROBLEMAS EDUCATIVOS. Conferencia
na Irmandade da Fala da Coruña en 1919.
POL-A REFORMA DA ORTOGRAFÍA. Viqueira
defende o uso da ortografía que chama erudita, asemellando a escrita do galego
á grafía portuguesa, para facer do galego unha lingua universal.
POESÍA
A
poesía de Viqueira é intimista e a miúdo transcendental. Nela fálanos da
natureza e dos seus degaros existenciais
De ouro e brilante pedrería / acugulado, / eu fixen un castelo, no que vivo
/ agachado (…) Non quero m’espertar. No meu castelo / misterioso e forte, /
soñarei hastra que a min chegares / ou, negra morte!
A
tristeza e a melancolía impregnan os versos apaixonados, nos que o poeta devece
por transcenderse a si mesmo, sempre á procura dun destino superior.
E vagamente espertan os desejos / de loitar cal os héroes que foron. /
Emergen do meu peito apaixonado / os enxamios d’os soños.
Por
último, tamén hai poemas de amor cortés e ideal, e outros místicos.
DIEZ IDILIOS DE TEÓCRITO. O libro
conclúe cunha tradución do grego efectuada por Viqueira.
(1) Fonte da imaxe de Johán
Vicente Viqueira: Real Academia Galega.
(2) O traslado da editorial Nós a Compostela produciuse entre
os meses de maio e xuño de 1931. O último libro impreso por completo na Coruña
foi Vieiros, de Ricardo Carballo
Calero (Vol. 44, 6 de maio de 1931). O primeiro que leva o enderezo da rúa das
Hortas será O derradeiro amore, de
Aurelio Ribalta (Vol. 45, 12 de xuño de 1931)
(3) A fouce,
o hórreo e o prelo: Ánxel Casal ou o libro galego moderno. Ernesto Vázquez Souza. Ediciós do Castro. 2003. Pp.
306-307
(4) Isaac Díaz Pardo
recorda a seu pai, Camilo Díaz Baliño, nunha entrevisa concedida á revista Murguía no ano 2005. Murguía.
Revista Galega de Historia. Nº 7/8 maio-decembro 2005.
Ningún comentario:
Publicar un comentario