BEIRAMAR / Cotarelo
Valledor, Armando
4 de abril de 1931
Editorial Nós – A Cruña. Avenida de Linares Rivas, 50
Volume XL
93 p ; 18
cm.
Beiramar inaugura os dramas de ambiente mariñeiro escritos por Cotarelo, quen tamén publicou en novembro deste mesmo ano o lance dramático Mourenza (2), segunda e última destas pezas.
A peza estreouse - "con grande éisito" segundo informa o autor noutra das súas obras - no teatro Tamberlik de Vigo, o día 3 de agosto de 1931.
A obra segue o canon ditado por Antón Villar Ponte, quen defendía a necesidade de fornecer textos que logo puideran representar os grupos de declamación constituídos por todo o país. Os autores vinculados ás Irmandades da Fala procuraron normalizar o uso do galego no teatro e achegalo ao público urbano, afeito a ver como nas comedias vulgares o idioma caracterizaba, ben o carácter raposeiro ou ben a ignorancia das personaxes.
Esta recensión vai acompañada do aviso dunha destas representacións celebrada no teatro Alfonsetti de Betanzos o día 12 de maio de 1936.
DÍA
12 DE MAYO
Grandes Veladas Teatrales Benéficas
a cargo de distinguidos aficionados de la localidad, se
pondrá en escena la obra cumbre de nuestro teatro regional, de
DON ARMANDO COTARELO
que lleva por título,
Beiramar
(Drama en tres actos, de ambiente marinero)

Beiramar é unha traxedia de feitura clásica. A acción
comeza coa morte de Nelo no mar e logo avanza seis meses presentándonos as
pescudas de Delaira na procura do asasino do seu home. Por último chega o
desenlace coa confesión de Amaro, irmán de Nelo e responsable da morte, quen
tamén pretende silenciosamente a Delaira. A obra desenvólvese no interior da
casa mariñeira dos irmáns e o autor procura a autenticidade da linguaxe mediante
o uso de variantes fonéticas (fásil, desir, esnaquisado, pasensia) e dialectais
(soupín, escapín), propias da fala local dalgunhas zonas da costa occidental. O
neno Bocareu utiliza unha linguaxe inventada usando as terminacións escoitadas nos
actos litúrxicos (chúmbilis, sibilis, nobilis) nunha sorte de latín macarrónico.
En conxunto, os diálogos transcorren áxiles, cinguidos á
acción principal e caracterizando de xeito efectivo os protagonistas tanto
desde o punto de vista emocional como dos seus intereses.
Sinopse da obra
CÓNCHEGA. Moza xeitosa e galaneira.
UXÍA. Patrona anterga.
DELAIRA. Muller xoven, bonita e ben condida.
AMARO. Mozo mariñeiro.
NELO. Mariñeiro forte e ben posto.
TÍO ARROÁS. Vello mariñeiro vestido á moda antiga.
BOCAREU. Rillote de praya.
LICANO. Mariñeiro galán.

Auto Primeiro
A
traíña arribou á praia ateigada de peixe. Os mariñeiros celébrano cunha
esmorga.
UXÍA. Sempre serán vagaseiros que en ves de traballar andan dansando o canario
¿Van meus fillos?
CÓNCHEGA. Amaro, non.
UXÍA. Logo Nelo, sí. Dios me dea pasensia.
CÓNCHEGA. Amaro, non.
UXÍA. Logo Nelo, sí. Dios me dea pasensia.
Nelo
está casado con Delaira e gústanlle a festa e máis o viño. Amaro, en cambio, non
bebe nin xoga na cantina.
UXÍA. Amaro é outro xenio. Outro xenio que tamén me da ansias. Irmans son, pero
en nada se asemellan. Fillos criados, traballos dobrados… Mais este Nelo, meu
brinquiño, o meu chiché… a ti pode desírseche, que cuasi es da casa: lévao no
sangue. Tal fixo seu pai e él herdouno.
Cónchega
quere a Amaro, pero el amósase hermético con todas as persoas que trata. Licano
pretende a Delaira desde antes dela casar con Nelo e os dous rifan por mor dela
cando están a piques de embarcar. Nelo está bébedo e Delaira teme que afogue: “¡Cousa mais fásil! Un pé en falso… e o mar. Hoxe non
anadaría”.
Logo de
entrar na canle, os mariñeiros rifan no bote. Un refacho de vento tomba a barca
e os homes nadan deica a pena do Frade. Alí rescátanos as dornas.
TÍO
ARROÁS. Perdéonos esa bruxa falangueira que
escachiza os homes: a confiansa, Uxía, fada do mar. E o mar non quer descoidos:
e unha orca sorbente, un monstro ríspito co-a gorxa sempre aberta para engulir.
Amaro
salta da dorna con Bocareu esvaecido nos brazos.
UXÍA. ¡Un!... ¡Dous!... ¡Tres!... ¡Falta outro!
TÍO ARROÁS. Non vexo mais.
DELAIRA. ¿Nelo?... ¡Nelo! ¿Onde estás? (os mariñeiros baixan a cabeza sin responder).
UXIA. ¡Meu filliño meu filliño!
DELAIRA. ¡¡Morreu!!
TÍO ARROÁS. Non vexo mais.
DELAIRA. ¿Nelo?... ¡Nelo! ¿Onde estás? (os mariñeiros baixan a cabeza sin responder).
UXIA. ¡Meu filliño meu filliño!
DELAIRA. ¡¡Morreu!!
Auto Segundo
Pasaron
seis meses desde a morte de Nelo. Agora Amaro goberna a traíña e na casa hai
folgura e cartos abondo.
Delaira
sospeita algo escuro na morte de Nelo. O home apareceu entalado, cos pés en
alto e a cabeza chantada na lameira.
DELAIRA. Cando soupín que atoparan o cadavre, as furtadelas escapinme o Camposanto
(…) Alí, na herbeira cousipada, estaba Nelo; Nelo morto, Nelo másio,
estrangallado… ¡co peito aberto e a frente esnaquisada!
Delaira
cítase con Licano. El e máis Nelo rifaron na traíña e Amaro, por auxiliar o
irmán, amarrou a escota nun tolete e botouse a eles. Entón envorcou a lancha. Licano
xura non ser o asasino.
Auto Terceiro
Cónchega
agocha atrás da curtina unha fotografía ampliada de Nelo que encargou en
Vilagarcía e que aínda non coñece a familia. O mariñeiro morreu hai un ano.
Delaira
prégalle a Amaro que case con Cónchega, pero el rexeita a proposta e declárase
namorado dela. Amouna desde nena e sufriu ao ela casar co irmán. Delaira ámao tamén
e compadécese do sufrimento de Amaro.
AMARO. ¡Oh! benaya entón a hora aquela, hora rayosa de túa libertá. No fondo do
mar te conquerín cal se conquiren as pelras.
DELAIRA. (Esterrexida) ¿Cómo dis?...
AMARO. Que hoxe un ano te librei do tirán ¿Non-o sabías?
DELAIRA. (Abrayada) Amaro… ¡Di que non!... Que non-e serto… ¡Dimo!
AMARO. ¡E serto, si! A carraxe en vinte anos apetada estalou o fin como choupina. Co esta man resia e bugallenta, co esta man mesma o estordeguín, atafaguínno, entoñándolle a testa alá entre a lama. (…)
DELAIRA. Virxen, dame forsas!... ¿Qué ti o mataches, ti?... ¡Xesús, Xesús! Buscando despexada no asasino, e o asasino o meu pé… ¡e o meu amado! ¡Arredra! Non achegues; déixame… Non fales… Entoleso… ¡Non, non!... ¡Fuxe soma mourenta!... Estou atosigada… Afogo… ¡Aire, aire! (abre a curtina e aparece o retrato de Nelo) ¡Nelo, Nelo!! ¿Eres ti?... ¡Oh probe Nelo!... Non mires mais. Vólvete. Ben sei que inquires… E non dubides, non. Conoso miña obriga… ¡O meigallo pasou!... ¡Vesiños, vesiños!... ¡Eiquí está o matador!... Ausilio, ausilio…

fuxe ás toas e cae no mar.
UXÍA. ¡Outro ainda!... Xa todos mos levaches… ¡Maldito seias, ouh mar, maldito
seias!
(1) Fonte da imaxe de Armando
Cotarelo Valledor: I.E.S. Armando Cotarelo Valledor.
(2) Mourenza:
lance dramático nun auto.
Armando Cotarelo Valledor. Teatro Galego, volume 49. NÓS, Pubricacións Galegas
e Imprenta. Hortas, 20 – Santiago de Compostela. 18 de novembro de 1931.
Ningún comentario:
Publicar un comentario