O DERRADEIRO AMORE / Aurelio Ribalta
12 de xuño de 1931
Nós. Hortas, 20. Santiago
Nós. Hortas, 20. Santiago
Volume XLV
80 p ; 18 cm.
A novela O derradeiro amore do escritor Aurelio Ribalta Copete foi impresa pola editorial Nós na rúa das Hortas de Compostela en xuño de 1931.
Este foi o primeiro libro editado
por Ánxel Casal en Compostela logo
de trasladar o obradoiro da editorial Nós desde A Coruña entre maio e xuño de
1931. O volume está confeccionado cos restos sobrantes de papel do fanado
intento por poñer na rúa o xornal El Momento (2), polo que presenta unha
deficiente calidade de impresión.
O derradeiro amore foi a última das tres novelas
curtas escritas por Aurelio Ribalta (3), quen ademais do precoz uso do idioma galego na
narrativa defendeu unha proposta ortográfica singular e modernísima no seu
único libro de poemas en lingua galega: Libro
de Konsagrazión (4) publicado en 1910, onde substitúe “q” e “c” por
“k”; “v” por “b”; e tamén “c” por “z”.
INBOKAZIÓN
¡Ou birxe Poesia
da miña terra meiga!
¡Ken poidera kantarte
en dozes rimas de feitura leda!
da miña terra meiga!
¡Ken poidera kantarte
en dozes rimas de feitura leda!
O derradeiro amore é unha novela de costumes onde
confrontan o egoísmo dos vellos co idealismo dos mozos. Dunha banda atópase o
tío Antón; vello viúvo que pretende revivir os anos mozos merecendo o amor de
Treixa, e da outra Perucho e Catuxa, pais da moza e cobizosos da herdanza do
vello. Xibrán e Treixa combaterán estes dous intereses para unir as súas vidas.
Sinopse da obra
Antón Portela, viúvo e sen fillos, ve chegar
pola agra o seu sobriño Xibrán de
Estramundi; un mozo pobre que agarda desde hai un ano o consentimento dos
pais de Treixa para casar.
E cando o tivo preto fíxolle en alta voz unha
pergunta que resolvía o problema de falar sin decir nada:
¿E logo?
¿E logo?
Xibrán pretende que o tío amoleza
a determinación de Perucho de Leira e
Catuxa, pais de Treixa. Despois de
moitas voltas e vencendo a inclinación a non meterse na vida dos outros, o tío
Antón defende o sobriño coa súa autoridade de parente vello, rico e sen
herdeiros:
¡Pois a min o
rapaz... inda non che me parece mao de todo!
Pero co tempo o vello concibe o
devezo de se facer mozo de Treixa.
Xibrán e mais Treixa estaban contentísimos co Señor
Tío. Confiaban, pra se casaren, na sua proteución. Somentel-o tío úneco
conocedóre do seu vergoñento e tardeiro anamoramento, andaba sin facérese ben
de cargo de canta era a ruindade do papel que cos seus sobriños estaba facendo.
O tío Antón está consumido por
esta paixón serodia; el ten 65 anos e Treixa aínda non fixo os 20. Entre tanto,
todos están contentos: os pais de Treixa pensando na comenencia de xuntar a
filla co herdeiro do tío; os mozos pensando no casamento; e o tío argallando
castelos no aire.
Daquela Antón recibe a visita de Farruca, a súa muller defunta, para
anunciarlle que morrerá antes dun ano e como penitencia para salvar a ánima
debe deixar de procurar o seu ben e mirar polo proveito dos outros.
Tres anos máis tarde os mozos
están casados e o tío Antón segue vivo. Os tres viven xuntos na mesma casa.
Agora, por consello do crego, o
tío Antón non acredita nas supersticións.
A novela remata cun romance.
Fora, chove, diluvía; este tempo non pasa;
a cortina da iauga tapa o souto viciño.
O tío Antón, ao lume esmorece na casa,
e os amantes ensoñan cun videiro miniño.
a cortina da iauga tapa o souto viciño.
O tío Antón, ao lume esmorece na casa,
e os amantes ensoñan cun videiro miniño.
(1)
Aurelio
Ribalta: galiciaartabradigital.com
(2)
Ánxel
Casal chegou a poñer nas rúas da Coruña catorce números de El Momento entre
febreiro e marzo de 1930.
(3)
Ferrruxe.
Editor: Andrés Martínez. A Coruña. 1894;
O pastor de doña Silvia. Lar, revista quincenal nº 3. A Coruña. 1925. O derradeiro amore. Nós. Compostela.
1931.
(4)
Libro de Konsagrazión. Feixe de poesias gallegas. Ofizina tipográfika de Fiz Moliner. Madrid. 1910.
Ningún comentario:
Publicar un comentario