Outubro 1920 / Nadal 1935
Nós. Boletín mensual cultura galega
![]() |
Revista Nós nº 1 |
Tratábase, xa que logo, de complementar desde o eido da cultura o labor desenvolto por A Nosa Terra, voceiro ao servizo dos ideais políticos das Irmandades da Fala.
Castelao propuxo o nome da nova revista (Nós), declarando desde a cabeceira o carácter coral do proxecto.
Risco asumiu a dirección literaria e Castelao a artística. Arturo Noguerol foi o primeiro xerente, encargado de recadar os recursos para financiar o proxecto, para o cal constituíron unha sociedade entre os simpatizantes das Irmandades.
O consello editorial formárono algúns dos mozos que xa viñan demostrando o seu compromiso coa cultura galega en A Nosa Terra:
![]() |
Revista Nós nº 4 |
Direitor: Vicente Risco.
Xerente: Arturo Noguerol.
Redautor-Xefe: Xavier Prado (Lameiro).
Segredario da redaución: Xulio Gallego.
Redautores: Ramón Cabanillas, Alfonso R. Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas, Leuter González Salgado.
![]() |
Boletín de suscrición á Revista Nós asinado por Ánxel Casal |
![]() |
Revista Nós nº 52 |
Ánxel Casal, que dirixía daquela na Coruña, con Leandro Carré, a Editorial “Lar”, propiciou a fórmula tan agardada. Ofreceuse, pola súa conta, para imprimir de novo, e administrar, a prestixiosa revista. O grande animador de tantos esforzos editoriais, puxo a proba unha vez máis a súa capacidade de servicio á cultura galega. E así, o 25 de xulio de 1925, reanudouse a vida de “Nós” coa saída do prelo do número 19. (1)
A Nosa Terra dá conta do feliz evento.
Os editores de “Lar”, a xenerosa e patriótica empresa, van seguir pubricando “Nós” efectuando con elo unha obra que por si sola encómiase. A ledicia que nós sentimos pol-a reaparición de “Nós” supoñemos sentirana tamén cantos procúpanse da cultura galega da que a notabre revista é formidabre baluarte e xurdío propulsor. (3)
![]() |
Revista Nós nº 52 |
Agora a publicación contaba, ademáis, co labor que lle emprestaban os membros do “Seminario de Estudos Galegos”, coa colaboración de Otero Pedrayo en chea de actividade, e coa contribución dos escritores das promocións máis recentes. (4)
Por algunha cartas cruzadas entre o empresario de ideoloxía galeguista Enrique Peinador e Vicente Risco, sabemos que Casal xestionaba directamente cos anunciantes as achegas e reclamos publicitarios nesta nova etapa.
![]() |
Suplemento da revista Nós nº 7 |
Un medio para tratar de captar público e impulsar o hábito lector con tiradas de 5.000 exemplares. (4)
Posteriormente, ao se trasladar Casal a Santiago para se establecer alí coa editora do mesmo nome, continuou mantendo a periódica publicación. Apareceran xa oitenta e sete números desque se fundara. E a partir do 88 fóronse confeccionando os seguintes; de primeiras no obradoiro da rua das Hortas, e despois na da Rua do Vilar. A derradeira entrega normalmente repartida aos suscritores, refundía os números 137-138. Levaba a data de maio-xunio do 1935, inda que saíu do prelo a comezos do ano 36. Noustante, estaba xa impresa tamén outra entrega, que abranguía os números 139-144, correspondente aos meses de xulio-nadal. Esta entrega non chegou a se distribuir, por mor dos tráxicos acontecementos orixinados pola guerra civil. Foron queimados daquela, ou destruídos, os fondos todos da Editora. Entre eles figuraba a revista recén impresa, da que se salvaron por un casual dous exemplares, aínda sen encadernar. (6)
![]() |
Revista Nós nº 145 |
O 30 de outubro de 1970 a Academia Galega publicou un novo número de Nós (Nós nº 145) en lembranza do cincuenta aniversario da revista. Neste exemplar, algúns dos intelectuais que nos anos 20 e 30 colaboraron con ela recordan aquel tempo, como tamén os novos escritores expresan a saudade que lles produce o recordo da revista. A publicación complétase cun índice, desglosado por números e tamén por autores.
![]() |
Diferentes imaxes da Revista Nós ao longo do tempo |
(1) Ánxel Casal e o libro galego. Fernández del Riego, Francisco. Ediciós do Castro. Documentos para a historia contemporánea de Galicia. 1983. P. 42
(2) Martes d’Antroido. Herrera Garrido, Francisca. Lar, revista quincenal nº 6. A Cruña, 9 de maio de 1925. Como Casal e Carré non dispuñan aínda da maquinaria de imprenta, os cinco primeiros números de Lar imprimíronse no obradoiro de Moret.
(3) A Nosa Terra. Nº 214, 1 de xullo de 1925. Citado a partir de Ánxel Casal (1895-1936) Textos e documentos. Dobarro Paz, Xosé Mª e Vázquez Souza, Ernesto. Ediciós do Castro. 2003. P. 50.
(4) Ibidem, nota (1). Entre os novos escritores e artistas, del Riego cita a: Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Iglesia Alvariño, Luís Manteiga, Ramos Colemán, Xaquín Lorenzo, Luís Seoane e Carlos Maside. “Todos eles, os de antes e os de agora, constituiron un importante núcleo de apoio ao labor de redacción, e tamén de apoio moral ao impresor. Ánxel Casal, que batía con fortes angurias económicas para poder editar os números que saían do seu modesto obradoiro tipográfico, atopou nos mozos que o arrodeaban, cando menos estímulo para persistir na sua xenerosa tarea”.
(5) Ánxel Casal. Un percorrido biográfico. Alfonso Mato. A Galiza de Ánxel Casal. Murguía, revista galega de historia. Nº 7/8, maio-decembro de 2005. P. 74.
(6) Ver nota 1. Pp 43 e 44.
Ningún comentario:
Publicar un comentario