PETROGLIFOS DE
SABROSO E A ARTE RUPESTRE EM PORTUGAL / de Serpa
Pinto, Rui
8 de febreiro de 1929
8 de febreiro de 1929
Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta. Real, 36-1º. A
Cruña
10 p ; 27,5 cm.
O folleto foi incluído entre as publicacións da Seizón de Arqueoloxía, dirixida desde 1926 polo arquitecto Constantino Candeira e que despois de 1930 pasou a dirixir o crego Xesús Carro García.
Sobre esta xeira do Seminario (1929-1930), podemos ler na memoria da institución: (2)
Curso de máximo esforzo editorial. Mantendo
as suas pubricacións ordinarias i-a edición de folletos e traballos illados, o
Seminario escomenza a imprentar os resultados das suas xeiras de conxunto con
“Villa de Calvos de Randín” (3) de Cuevillas e Lourenzo Fernandez. Neste
mesmo curso pubrícase o estudo de Castelao encol das “Cruces de pedra na
Bretaña” (4). Un esgotador traballo, en resposta de consultas de centros forasteiros
pesan agora sobor do Seminario.
A separata tamén foi publicada no número 62 da revista Nós correspondente a febreiro de 1929. Fermín Bouza Brey ofrécenos información adicional sobre ela no número conmemorativo do cincuentenario da revista publicado pola Academia Galega en 1970.
O 7 de agosto de 1928 visitamos a citania de Sabroso o Cuevillas máis eu na compaña do mozo arqueólogo portugués Ruy da Serpa Pinto que tiña de morrer aos seus 25 anos frorecidos de profundos estudos. Eu tiven a sorte de descobrir novas gravuras rupestres que non tiñan sido catadas por outros ollos dende que o Martins Sarmento estudara o lugar. Pidéume o Serpa Pinto facer il o seu estudo, consentín, mandóumo e fixen sair no NÓS os Petroglyfos de Sabroso e a arte rupestre en Portugal.
Rui de Serpa foi un enxeñeiro, arqueólogo e antropólogo natural do Porto e membro de diversas sociedades científicas, entre as que estaba o Seminario de Estudos Galegos. Malia a súa morte temperá, deixou unha interesante obra sobre a arqueoloxía do Noroeste.

O texto
comeza coa xustificación do autor sobre a orixe do traballo:
Numa visita arqueolóxica a Sabroso
realizada em 7 de Agosto de 1928 na excelente companhia dos meus amigos e
distintos arqueólogos Florentino L. Cuevillas e Dr. Fermín Bouza Brey, este
último chamou-me a atenção para umas gravuras que se encontravam num penedo do
cume do monte.
Debruçados sôbre elas e tendo limpo o musgo que cobria os seus traços delidos, apareceu uma composição inédita, representada na figura 1, notável pelo esquema antropomorfo do primeiro plano.
Em redor surgiram mais gravuras rupestres, de que apenas nos foi dado tomar um breve apontamento, por o sol entrar no ocaso.
Para levantar o esquecimento que pesa sôbre os petroglifos de Sabroso, e tornar conhecidos os novos achados, foram alinhadas estas notas, que à leal camaradagem e amizade dos meus companheiros são dedicadas.

A
estación de Sabroso fica a media distancia entre Braga e Guimaraes. As
inscricións coroan os penedos espallados polo monte, entre as que hai círculos
concéntricos simples e tamén outros con suco radial, e coviñas gravadas ao chou
ou ben dispostas xeometricamente.
Existen
afinidades entre os gravados e outros atopados na Galiza e datados na idade do
bronce.
Aparecem três e quatro circulos
concêntricos com uma cóvinha central, e algumas vezes com um sulco radial,
sendo o diametro máximo de 0,34 m. (…) Conhecem-se circulos concêntricos em San
Martinho, Monte da Saia, Sta. Marta e na Pedra da Escrita. Na Galiza indica T.
Cuevillas quatorze localidades, a que podemos acrescentar Santa Tecla e Oya.
Fora da Península os circulos concêntricos, quer simples quer con sulco radial,
encontram-se sobretudo na Irlanda.
As
coviñas atópanse en moitos penedos, distinguíndose entre elas un grupo de
cincuenta e cinco dispostas en semicírculo. O autor afirma que talvez teñan un
carácter relixioso e estean relacionadas co culto aos mortos, como fai pensar a
súa proximidade ou existencia nos megálitos atopados noutras zonas.
Por
último, Rui de Serpa establece un inventario da arte rupestre en Portugal,
diferenciando as Pinturas e os Gravados tanto megalíticos como rupestres.
As manifestações de arte rupestre
galaico-portuguesa acompanham o florescimento da cultura do bronze no noroeste
peninsular, como se vê comparando a sua área de expansão com a dos machados de
bronze.
(1) Fonte da imaxe de Rui
de Serpa Pinto: Universidade do Porto.
(2) Seminario
de Estudos Galegos. Dez cursos de traballo. 1923-1934. Emprensa e libreiría E. Paredes Valdés. Pontevedra.
1934. Segunda edición.
(3) Vila de
Calvos de Randín. Xaquín Lorenzo
Fernández e Florentino López Cuevillas. Santiago. 1930. Seminario de Estudos
Galegos.
(4) As cruces
de pedra na Bretaña. Alfonso R.
Castelao. Pontevedra. 1930. Imprenta de Antúnez. Seminario de Estudos Galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario